Imaxe de: https://traslosmuros.com/
✍️ ASINA E DIFUNDE A PETICIÓN: https://c.org/dmchlcbgcp
O motivo desta petición é solicitar ás administracións públicas competentes o establecemento dunha moratoria inmediata para que non se autoricen en España novas explotacións gandeiras sen base territorial suficiente, así como tampouco a ampliación das existentes, posto que supoñen un alto risco para a saúde pública e o medio ambiente:
- Nestas instalacións malviven miles de animais hacinados, tensos e inmunodeprimidos, multiplicando o risco de zoonoses e pandemias. https://es.euronews.com/
- A gandería intensiva é a principal responsable da contaminación das augas por nitratos, cuxo consumo está asociado ao risco de sufrir distintos tipos de cancro e malformacións conxénitas. ctxt.es – sanidad.gob.es
- Serven de desculpa para a proliferación de plantas de bio?gas e bio?metano industriais, que perxudican a saúde e a calidade de vida da poboación circundante e incrementan aínda máis a contaminación por nitratos e tamén por metais pesados, bacterias resistentes aos antibióticos,…, ao procesar, ademais dos xurros, lodos de depuradoras industriais e urbanas e restos dos matadoiros.
Dese cóctel de residuos un 5% convértese en biogás e o 95% en dixerido, que venden como fertilizante, contaminando masivamente os campos de cultivo e as augas.
(A nosa posición sobre as plantas de biogás e biometanto: EcoloxistasGal.org)
Planta de biometano de Belenchón (Cuenca)

- Xeran importantes emisións de gases de efecto invernadoiro, ao depender de pensos fabricados con millo e soia cultivados nos EE.UU. e Sudamérica respectivamente (a miúdo en zonas deforestadas), ao que se engade que gran parte da produción é, á súa vez, exportada a terceiros países como China, que acapara o 42% das exportacións de porcino españolas.
https://www.worldanimalprotection.es/nuestras-campanas
https://elpais.com - Expulsan do mercado a pequenas e medianas explotacións gandeiras en extensivo, moito máis sostibles, con fixación de población no rural e sostén económico de moitas familias.
- A gandería industrial é a principal causa de crueldade cos animais a nivel mundial.
https://traslosmuros.com/granjas-cerdos-espana-investigacion

E por outra banda, o exceso de consumo de carne está a prexudicar a saúde de millóns de persoas, reducindo a súa calidade e esperanza de vida e incrementando o gasto sanitario. Segundo as enquisas alimentarias, o consumo de carne en España duplica as recomendacións das entidades sanitarias.
https://alianzaalimentaria.org/blog/que-riesgos-tiene-el-consumo-excesivo-de-carne
Na histórica sentenza das Conchas (Ourense), recentemente ratificada polo Tribunal Supremo, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia:
- Condena á Xunta de Galicia e á Confederación Hidrográfica Miño-Sil a adoptar inmediatamente as medidas necesarias para devolverlles aos veciños da Limia o pleno goce dos dereitos fundamentais, vulnerados pola contaminación causada pola gandería industrial.
- Considera que a Xunta de Galicia e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, permitiron un incremento excesivo de macrogranxas na comarca da Limia (máis de 300), provocando unha saturación do medio que o terreo era incapaz de asumir, co consecuente prexuízo ao medioambiente e á saúde das persoas.
- Determina que se vulneraron dereitos fundamentais dos veciños das Conchas como o dereito á vida e á integridade, ao domicilio e á vida privada, á propiedade e á auga, e que a protección dos dereitos fundamentais debe prevalecer cando os impactos da gandería industrial poñen en risco a saúde e a vida das persoas e o medio ambiente.
Outras comarcas en toda España soportan unha elevada carga gandeira (como a do Deza na provincia de Pontevedra) e nas que aínda non suceda, apelamos ao principio de precaución, que rexe no dereito da UE e indica que, se hai motivos razoables para temer efectos potencialmente perigosos para o medio ambiente e a saúde humana, animal ou vexetal, non se debe permitir que ningún dano chegue a producirse, é dicir, máis vale previr que lamentar.

