Nun país moi lonxano hai moitos anos había un señor moi rico que tiña por nome Manuel, quen tivo unha filla chamada Martia. Esta á súa vez concebiu a Negralia no seu primeiro matrimonio, do que quedou viúva.
Como daquela aínda se concertaban os matrimonios e Manuel era moi cobizoso, decidiu entón casar a Martia con Altro, que tiña moi mala fama, pero era moi bo partido. Desta relación naceu Fibranegra, quen herdou os malos costumes do seu pai.
Os domingos xuntábanse todos na casa de Manuel e celebraban o Nadal e as demais festas en familia.

Fonte: Librebor.me
O tempo pasaba e Negralia, que tampouco era moi virtuosa, non conseguía casar. Comentábase que era de mala familia.
Manuel decatouse de que a súa neta, ademais de polas súas propias accións, podía estar sufrindo as consecuencias dos comportamentos pouco éticos de Aldro e Fibranegra, polo que decidiu entón prohibir que ninguén relacionase a Negralia con eles, ameazando a quen se atrevera a facelo con que se tería que bater en duelo con el.
As xentes dicían que Manuel toleara, posto que a relación era innegable: Negralia tiña a mesma nai e avó que Fibranegra e era fillastra de Aldro. Tamén comentaban que lle estaba ben empregado por cobizoso, que o debera pensar mellor antes de casar a Martia con Aldro.

Fonte: Librebor.me
Mais información: ElSaltoDiario.com

