Facemonos eco da entrevista en RadioVoz a Bruno Centelles, voceiro do IEM (Instituto de Estudos Miñoráns) e da Plataforma SOS Groba

Patético e lamentable o do concello de Oia!
Patéticos e falsos!
Porque si, seguramente no grupo de goberno do concello de Oia, coa súa alcaldesa a fronte, teñen que estar encantados! (así nolo contan desde “Telemariñas”)
Podo perfectamente imaxinar as caras de alegría da alcaldesa rodeada dos seus e rodeada tamén dos presidentes (algún xa ex-presidente) e directivos das CC de MM de Burgueira, Loureza ou Mougás… celebrando a boa nova no despacho da alcaldía.
E non é para menos. Levan moitos anos traballado na defensa da Groba!
Pola “Serra Liberada”… (canten todos, que a saben!)
Que non decaia o espíritu e que continúe a festa!
Que non pare a música!
Non recollan todavía bebidas, viandas e doces, que aínda nos queda por coñecer a DIA desfavorable do PE TORROÑA I.
Isto non vai por parroquias nin por concellos.
É fundamental insistir na idea de país. Estamos niso.
Temos que loitar, xuntos e xuntas, polo país!
E non perder nunca de vista que son un Grupo Armado Organizado para Delinquir!
HAI QUE PARALOS !
HAI QUE BOTALOS !