Accede aquí ao modelo de alegación contra os cinco polígonos eólicos do expediente PEol-913 AC

PEol-913

Desde a nosa entidade queremos denunciar a tramitación do macroproxecto eólico PEol-913 AC, que pretende implantar cinco polígonos industriais (Agratrina, Agromaces, Sistesas, Ventoburgo e Xestiloi) en máis de 19 concellos das provincias de Ourense, Pontevedra e Lugo, afectando de maneira grave e irreversible a montes, aldeas, paisaxes e ecosistemas de alto valor ambiental e social.

📌 Estes proxectos localízanse en zonas clasificadas como de máxima sensibilidade ambiental pola Zonificación do MITECO, próximas a espazos protexidos da Rede Natura 2000, e afectan a especies protexidas, patrimonio cultural e modos de vida rurais sostibles.

🛑 Non se trata de enerxía limpa nin distribuída: trátase dun proxecto industrial especulativo, sen planificación racional, sen participación veciñal e cun impacto moi superior aos supostos beneficios.

📝 Colabora e participa na alegación masiva
👉 Preparamos un modelo de alegación individual breve para que todas as persoas afectadas ou preocupadas polo futuro do noso territorio poidan participar. O prazo está aberto e é moi importante demostrar o rexeitamento social a este tipo de proxectos desmesurados.
❓E recordade, se tedes dúbidas de como presentar as alegacións podedes acceder ao NOSO MANUAL onde vos ensinamos cómo facelo, tanto en papel como en formato dixital!

  • Alegacións en pdf:
  • Alegacións en word:

Foi publicado no BOE o 27 de MAIO de 2025:

ℹ️ Os proxectos e estudos de Impacto Ambiental do expediente poden ser examinados a través do seguinte enlace: https://run.gob.es/wvzPEol913AC_PROYECTOSyEsIA

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio