Compartimos o texto da denuncia presentada pola nosa asociación ao Seprona para investigar presunta vertedura é contaminación na proximidade de ALCOA:
Asunto:
Denuncia para investigar presunto vertido é contaminación no Concello de Xove. A Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza con CIF. Nº G 70601091 inscrita co nº 2020-24153 Sección 1 no Rexistro Central de Asociacións, e no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia co número de Rexistro 2021/146, […]
Exposición dos feitos:
Desexamos poñer en coñecemento de SEPRONA a existencia de vertidos contaminantes na costa de San Ciprián, no concello de Cervo, Lugo, os cales se veñen observando desde fai días en diversas zonas do litoral é pistas forestais, toda esta información foinos trasladada por veciños dos lugares afectados, concretamente da costa enfronte do edificio Caosa, en San Ciprián, é as fotografías de polvo na estrada foron realizadas o 9 de agosto no PK 1,5 da estrada de Moras, lago no Concello de Xove, aínda que agora coa choiva destes días no hai restos do polvo, tamén recentemente apareceron espumas no mar na praia de Lago, no Concello de Xove.
Os devanditos vertidos presentan un aspecto de líquido, e teñen un impacto visual e olfactivo evidente, estes vertidos podendo ocasionar graves danos ambientais na fauna e flora mariña, así como posibles prexuízos para a saúde pública. A súa orixe aínda é descoñecida, aínda que pola proximidade de ALCOA podería ter alí a súa presunta procedencia algún destes vertidos aínda que igual non todos pertencen a esa industria, mais é fundamental investigar e identificar a súa procedencia co fin de evitar maiores prexuízos, así como identificar cos presuntos responsables. Consideramos de suma gravidade os feitos descritos, dado que poden vulnerar a normativa ambiental vixente, tales como a Lei 42/2007, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, así como a Lei 22/1988, de Costas, entre outras disposicións aplicables. É polo tanto moi necesaria a intervención urxente para investigar e determinar a orixe dos vertidos, co fin de depurar responsabilidades e poñer fin a esta situación que afecta negativamente ao medio ambiente costeiro.
Fotografías recentes do día 22/08/2024 da praia de Lago, no Concello de Xove:

Fotografías feitas esta semana o martes 03/09/2024 concretamente, dende o edificio Caosa, en San Ciprián, trátase de espuma branca:


Fotografías de pistas forestais, cedidas pro veciños realizadas en agosto do 2024:



Por todo o exposto,
Solicitamos:
– Que se inicie unha investigación urxente e profunda na zona por parte do SEPRONA para identificar a procedencia dos vertidos contaminantes, e da contaminación na estradas, que se faga mais vixianza é control pola zona .
– Que se adopten as medidas necesarias para evitar a continuidade destes vertidos e contaminación ambiental, que se depuren as responsabilidades legais correspondentes.
– Que se informe puntualmente sobre o avance da investigación e as accións emprendidas.
– Achego a esta denuncia as probas visuais dispoñibles fotografías dos vertidos.
– Agradezo de antemán a súa atención e dilixencia na tramitación desta denuncia.
En Lugo a 5 de setembro do 2024
Atentamente,
Pres. EA Gza.