A Dependencia da Área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Pontevedra (con actuación tamén en Ourense) somete a información pública (IP) a solicitude de Autorización Administrativa Previa (AAP) e o Estudo de Impacto Ambiental (EsIA) do parque eólico Greco, de 109,2 MW, e da súa infraestrutura de evacuación, nos termos municipais de Cerdedo-Cotobade, A Lama e Fornelos de Montes (Pontevedra) e Avión (Ourense).
Expediente: PEol-957. O anuncio foi publicado no BOE e nos boletíns oficiais provinciais correspondentes. 📄🔎
Deixamos a continuación ligazón para Acceso a documentación completa do proxecto PEol-957: PE GRECO
https://ssweb.seap.minhap.es/almacen/descarga/envio/7889f434d0bdaaf3509da01295ca91cd55643301
📥 Descarga de alegacións:
🧭 Como participar
- Descarga o modelo (.odt/.pdf) e cúbreo cos teus datos.
- Indica sempre o expediente: PEol-957 e o título do proxecto (Parque eólico Greco e a súa evacuación).
- Presenta antes do 16 de decembro, por calquera destes medios:
- 📬 Sede electrónica da Administración Xeral do Estado (ou rexistros habilitados, art. 16.4 LPAC).
- 🏢 Rexistro da Subdelegación do Goberno en Pontevedra/Ourense ou calquera oficina integrada na rede de rexistros.
- Garda xustificante da presentación.
🔎 Por que alegar? (pinceladas)
- 🏘️ Saúde e benestar veciñal: excesiva proximidade de aeroxeradores e 25 km de liña de evacuación ás vivendas e lugares de traballo (ruído, shadow flicker, campos electromagnéticos). O proxecto excedería o límite de 30 h/ano de sombra proxectada; incumprimento de directrices de Saúde Pública
- 🗺️ Área xa cualificada como inviábel: na contorna houbo DIAs desfavorables e informes negativos (Patrimonio Cultural e IET) para proxectos como Puza, Carballoso ou Coto das Airas.
- 🌳 Rede Natura 2000: proximidade ao LIC/ZEC/ZEPVN Serra do Cando (ES1140014) e cruzamento da LAT pola proposta de ampliación a LIC “Serra do Suído” (ES1140017)
- 🔗 Corredores ecolóxicos e paisaxísticos: afección a corredores terrestres e fluviais
- 🐦 Avifauna e mamíferos: paso por zonas de protección fronte a colisión/electrocución e Zonas Importantes para Mamíferos
- 🟣 Sensibilidade ambiental alta: boa parte das infraestruturas discorren por zonas de máxima sensibilidade
- ➕ Impactos acumulados e sinérxicos non avaliados
- 🪵 Hábitats de Interese Comunitario (HIC) afectados
- 🐾 Especies protexidas: flora e fauna con infraestruturas encima do hábitat
- 💧 Augas superficiais/subterráneas e humidais: afección a regatos e zonas húmidas, sen estudo hidroloxía-hidroxeoloxía suficiente
- 🏺 Patrimonio cultural: infraestruturas dentro de ámbitos de protección subsidiaria
(O noso modelo de alegacións xa recolle estes puntos en formato breve para que che sexa rápido.)
📣 Chamada á acción
Cada alegación conta. Participar é un dereito e un deber cívico para protexer o común.
💚 Descarga, asina e presenta a túa alegación ao PEol-957 – Parque eólico Greco.
Se precisas axuda para cubrilo ou presentalo, conta connosco. 🙌

