Alegacións contra a mina de Doade

Ata o 2 de setembro!!

Dende Ecoloxistas Galiza Atlántica e Verde presentamos alegacións ao proxecto mineiro en Doade (concellos de Beariz, Avión e A Lama), por consideralo unha ameaza grave e inasumible para o territorio, a saúde das persoas e o futuro da comarca.

Por que nos opoñemos?

Rechazo veciñal: A comunidade de montes de Doade rexeitou expresamente a mina, polo que a súa ocupación vulnera a Lei de Montes de Galicia.

Impacto na auga: Prevese a captación masiva de augas subterráneas, poñendo en risco o abastecemento das aldeas e a calidade das augas do Porto de Antas, río Doade, Avia e Miño. Isto vulnera a Directiva Marco da Auga e a lexislación estatal.

Biodiversidade e Rede Natura 2000: O proxecto afecta hábitats prioritarios e especies protexidas, así como a conectividade ecolóxica das serras do Suído, Cando e Candán.

Falta de rigor técnico: O estudo presentado carece de análises hidroxeolóxicas, minimiza impactos acumulativos e propón tecnoloxías experimentais sen viabilidade demostrada.

Riscos ambientais graves: Non contempla tratamento axeitado das augas contaminadas, poderíanse verter substancias tóxicas en espazos declarados de interese ambiental.

Vulneración de dereitos: A cidadanía non tivo acceso completo á información ambiental, incumpríndose o Convenio de Aarhus, e realizáronse prácticas sociais pouco éticas para dividir á veciñanza.

Que pedimos?

Solicitamos que a Xunta de Galicia dite Declaración de Impacto Ambiental negativa e denegue definitivamente a mina de Doade. Defendemos un modelo de futuro baseado na protección da auga, da biodiversidade e da vida rural fronte a proxectos especulativos e destructivos.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio