PRAZO ATA O 13 DE FEBREIRO DO 2025!!
Poñemos á vosa disposición as alegacións contra a Liña de Alta Tensión (LAT) de evacuación do parque eólico Monte Peón (parque eólico paralizado cautelarmente polo TSXG), proxectado nos concellos de Avión (Ourense) e A Lama (Pontevedra), e atravesando as serras de O Suído e O Cando con un alto grado de protección ambiental (Red Natura 2000). Anexamos as alegacións en PDF para presentar ante a sección de Enerxías Renovables do Departamento Territorial de Ourense ou Pontevedra, da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, pero ten que ser ANTES das 24h da noite do xoves 13 de febreiro do 2025!!
E recorda, se tes dúbidas de como presentar as alegacións podes acceder ao NOSO MANUAL onde te ensinamos cómo facelo, tanto en papel como en formato dixital.
