Prazo ata o 27 de maio!!!
Anexamos as alegacións en PDF para presentar ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xefatura Territorial da Coruña, pero ten que ser ANTES do luns 27 de maio de 2024!
Recordade facer referencia ao número de expediente «IN408A 2020/143» para que poidan identificar ben as alegacións e así non se “equivoquen”…
E recordade, se tedes dúbidas de como presentar as alegacións podedes acceder ao NOSO MANUAL onde vos ensinamos cómo facelo, tanto en papel como en formato dixital!