PRAZO ATA O 31 DE XANEIRO DO 2025!!
Poñemos á vosa disposición as alegacións contra a Liña de Alta Tensión (LAT) de evacuación do parque eólico Bustelo e Baralláns (parque eólico paralizado cautelarmente polo TSXG) ata a SET de Meirama, proxectado nos concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco, Carballo, A Laracha, Cerceda, Ordes e Carral (A Coruña), e atravesando a Reserva da Biosfera de “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” e a Área Especial Interese Paisaxístico (AEIP) de “Río Lourido“. Anexamos as alegacións en PDF para presentar ante a sección de Enerxías Renovables do Departamento Territorial da Coruña, da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, pero ten que ser ANTES das 24h da noite do venres 31 de xaneiro do 2025!!
E recorda, se tes dúbidas de como presentar as alegacións podes acceder ao NOSO MANUAL onde te ensinamos cómo facelo, tanto en papel como en formato dixital.
