Prazo ata 22 xullo!

O proxecto está en período de alegacións, e aquí poñemos á vosa disposición as alegacións redactadas por Petón de Lobo para as 3 minas de litio proxectadas en Ourense. Lembrade que se poden entregar tanto de forma presencial como virtual. Desde a asociación xa as enviamos e animamos a que se envíen as máximas posibles.

Alegacións ao permiso de investigación “Novo Arboim” en pdf y en word
Alegacións ao permiso de investigación “Novo Frixo” en pdf y en word
Alegacións ao permiso de investigación “Novo Cima” en pdf y en word

E recordade, se tedes dúbidas de como presentar as alegacións podedes acceder ao NOSO MANUAL onde vos ensinamos cómo facelo, tanto en papel como en formato dixital!

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio