Alegamos contra a ampliación de Repsol en Punta Langosteira e facilitamos modelos para participar

Ecoloxistas Galiza “Atlántica e Verde” presentamos alegacións ao Expediente CL003, relativo á solicitude de modificación substancial da concesión de Repsol Petróleo, S.A. no Porto Exterior da Coruña. Consideramos que esta ampliación é de grande impacto, tanto polo incremento de superficie e actividade como polos riscos ambientais e para a poboación próxima.

O trámite actual non garante unha exposición pública suficiente nin consta avaliación ambiental das novas instalacións, polo que pedimos a suspensión do procedemento ata que se corrixan estas deficiencias.

👉 Convidamos á veciñanza e ás entidades locais a presentar tamén as súas alegacións. O prazo está aberto ata o vindeiro 13 de xaneiro.

✍️ Ponemos á disposición da cidadanía modelos descargables, que poden cubrirse en poucos minutos e presentarse directamente no rexistro. Canta máis xente participe, máis forza terá a defensa do medio ambiente e da seguridade das persoas.

Alegación contra a ampliación de Repsol en Punta Langosteira. Word

Alegación contra a ampliación de Repsol en Punta Langosteira. Pdf

As instalacións perigosas deben tramitarse con transparencia e con todas as garantías. Participa e presenta a túa alegación antes do 13 de xaneiro.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio