“El historial del PP ha sido señalado por ignorar las recomendaciones de los expertos y por su tendencia a minimizar las voces de los afectados”
Chema Molina, Diario público Ligazón
Prestige (2002) YAK 42 (2003) 11M (2004) Metro de Valencia (2006) Linea 7B de Metro (2007) Alvia Angrois (2013) Residencias de ancianos (2020) DANA de Valencia (2024)
Altri ? (………)
Este é o historial de catástrofes e traxedias xestionadas ou provocadas polo PP, este é o telón de fondo do que está a suceder con Altri.
Ignorar as voces dos expertos e desprezar as voces dos afectados, é exactamente o que está a facer Alfonso Rueda para sacar adiante o proxecto de Altri.
Hai un sesgo ideolóxico que vai mais aló dos hipotéticos beneficios económicos do proxecto de Altri, hai todo un programa de xerarquías de dominación, aniquilamiento e ceguera estructural.
Só desde esa perspectiva se pode comprender o tema de Altri.
O Consello da Cultura Galega emitiu o seu informe independiente, e a Xunta de Galicia montou en cólera, ignorando e desprezando os informes científicos dos expertos.
Cando Ángeles Vázquez dí “Que no hablen de bomba ambiental, que digan que no quieren progreso” sen ela decatarse, está establecendo a dicotomía “atraso- progreso”. Ela está decindo que toda a economía do val do Ulla e a ría de Arousa é un atraso, e está chamando de retrasados aos milleiros de persoas que traballan no sector primario.
Ángeles Vázquez pretende inscribirse nunha idea de progreso que ven da tradición da Ilustración, que pretendía mellorar ao home mediante a razón, a separación de poderes, a igualdade, a liberdade, a fraternidade e o progreso…pero que en realidade está na chamada Ilustración escura, que é a antítese en realidade aos ideais da ilustración.
A ilustración escura é elitista, neofeudalista e manipuladora.
O PP da Xunta de Galicia está actuando como unha elite que non ve, que ignora e que invisibiliza aos milleiros de futuros afectados pola fábrica de Altri.
Altri non é so un proxecto económico, claramente os perxuicios económicos son moi superiores aos beneficios, é un programa de dominación e aniquilamiento, dominación dos homes e mulleres non significativos, os que non levan traxe e corbata, para eles non somos xente, somos unha masa informe, algo insignificante, atrasado e despreciable.
Aniquilamiento do medio ambiente dos que eses milleiros de persoas dependen, porque tamén a natureza a entenden como algo despreciable, sucio e salvaxe que hai domeñar e explotar, algo alleo a eles que só serve como fonte de recursos, a mesma idea do xénero humán a teñen da natureza.
Rueda dí que respeta aos milleiros de persoas que se manifiestan en contra de Altri, pero eso non é mais que unha burda ironía, o que quere decir é odio e desprezo.
O PP da Xunta de Galicia está actuando como un axente foráneo, colonialista e depredador para dominar e aniquilar o medio biolóxico e ás súas xentes, con todo o que implica de tradición, cultura e identidade, para mostra a situación da lingua Galega.
O PP galego foi evolucionando dende o Populismo de Fraga, que con todas as súas eivas franquistas ainda tiña algunha ligazón co territorio, pasando polo que eu chamaría de Raposismo de Feijoo e a súa famosa man de ferro en luvas de seda, ata chegar a este PP de Alfonso Rueda que cambiou cos tempos e que eu chamaría comportamento de psicópata, igual que Ayuso ou Mazón, manipuladores, mentirosos, elitistas, prepotentes e insensibles.
Se noutros tempos houbo unha internacional comunista, hoxe existe a internacional neoliberal de ultradereita, é ahi onde hai que situar a Alfonso Rueda, na ultradereita neoliberal, non é casual que Altri sexa unha empresa internacional, nociva e allea aos intereses do pais e para servir a fondos de inversión e intereses particulares do PP.















