Ante os incendios 8 solicitudes

Proponse presentar as seguintes solicitudes ante os organismos que figuran no encabezado das mesmas.

  • Podese presentar só a da zona ou só a da Xunta, a da zona e a Xunta, ou as 3 opcións.
DOCPDF
XuntaXunta
A CoruñaA Coruña
LugoLugo
OurenseOurense
PontevedraPontevedra
O final instruccións para presentación.

Solicitude de información sobre os incendios acaecidos, sobre as causas, persoas responsables e superficie de territorio queimada, segundo sexa urbana, de espazos naturais protexidos, de uso agrario, para a gandaría, forestal, industrial, detallando tamén as zonas nas que estaba ou está previsto instalar un proxecto industrial, indicando cal. 

Solicitude de información sobre as medidas a adoptar polo Departamento Territorial e pola Consellería competente.

SOLICITA: 

1.- Que se protexa urxentemente o chan contra a erosión, para evitar que se perda xuntos cos nutrientes e poida rexenerarse a vexetación. Como primeira medida solicítase a inoculación de microorganismos autóctonos (cianobacterias, Rhizobium e micorrizas), que promoven o desenvolvemento da vexetación, e a continuación o acolchado de palla ou doutros materiais  semellantes antes de que as chuvias arrastren as cinsas.

2. Implantación temporal dunha cuberta vexetal herbácea con especies autóctonas, sementando sen remover no terreo queimado.

3.- A conservación do chan afectado polos incendios e a recuperación das propiedades deste, favorecendo a restauración do monte coa rexeneración máis natural posible, cos seus tres estratos: herbáceo, arbustivo e arbóreo, para garantir a súa estabilidade, utilizando especies autóctonas adaptadas ás condicións climáticas, orográficas e edafolóxicas da zona.

4.- Protocolos de actuación para a restauración dos sistemas forestais queimados (sistema adoito-planta), que son específicos para cada zona climática e que deben ser executados por profesionais forestais. A correcta protección e conservación do chan evitará a dramática desertización destas zonas de Galicia.

5.- Información sobre as medidas a adoptar inmediatamente despois dos incendios, antes de que as choivas acentúen os procesos de erosión, para axudar á recuperación dos terreos calcinados, evitar a erosión, frear a degradación do solo, reducir a erosión e a escorrentía, conservar cauces, favorecer a rexeneración natural da vexetación ou axudar coa implantación de vexetación autóctona, etc.

6.- Información sobre a superficie de territorio queimada segundo sexa urbana, de espazos naturais protexidos, de uso agrario, para a gandaría, forestal ou industrial, detallando tamén as zonas nas que estaba ou está previsto instalar un proxecto industrial, indicando cal é.

7.-  Información sobre as medidas a adoptar pola Consellería de Medio Rural, de cara a esixir ás persoas, entidades ou empresas responsables, as correspondentes responsabilidades derivadas dos graves lumes, ben polos incendios intencionados, ben polos desencadeados pola falta de prevención, de medios humanos e materiais e polo mantemento das infraestruturas. 

8.-   Aumentar en Galicia a superficie da Rede Natura 2000, como mínimo, até o 30 % do territorio. A porcentaxe de superficie da Rede Natura 2000 (RN 2000) en Galicia está moi por debaixo da media estatal e europea. No Estado español a RN 2000 representa o 27,39 % da superficie, e en Galicia tan só o 11,97 %. Galiza tamén ten as porcentaxes máis baixas (agás Melilla) de superficies ocupadas polos Lugares de Importancia Comunitaria (LIC), co 11,74 %, e de Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA), con tan só o 2,98 %.

MANUAL Alegacions ONLINE como presentalas en papel e formato dixital !

A nosa posición aquí.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio