ANTOLOXÍA DOS DISPARATES DE ÁNXELES VÁZQUEZ

Conselleiros/as de Medio Ambiente penosos/as xa tivemos uns cantos, pero Ánxeles Vázquez estáos adiantando a todos “pola dereita”. É ben triste que unha persoa á que lle pagamos para que defenda o medio ambiente se adique a servir aos intereses das empresas e colectivos que o queren estragar, como as enerxéticas, celulosas, cazadores, …

As súas meteduras de pata e accións contrarias a defensa do medio natural dan para escribir un libro, pero ímonos limitar ás máis recentes.

A Conselleira estivo desaparecida mentras os maiores incendios da historia de Galicia arrasaban aldeas, explotacións agrícolas, vivendas e enclaves de gran valor ambiental que ten a obriga de protexer, como Pena Trevinca, os parques naturais do Invernadeiro e Enciña da Lastra, o bosque Ridimoas, a serra do Courel, Baixa Limia-Serra do Xurés e Fragas do Eume.

A súa primeira reaparición pública despois deste desastre social e medioambiental foi para dicir que os cazadores contribúen a coidar do rural e anunciar axudas áxiles aos Tecores afectados polo lume, ante o que ata a Asociación de Axentes Forestais e Medioambientais de Galiza afirmou, a través dás súas redes sociais que están “perplexos”. (1) (2)

En lugar de priorizar a recuperación da biodiversidade, o seu primeiro obxectivo aínda antes de que se apaguen os lumes, é dar axudas públicas a quen anda a tiros con ela e só perdeu a posibilidade de realizar unha actividade de lecer bastante perniciosa para o medio ambiente, segundo a maioría dos biólogos e ecólogos.

Tamén en abril deste ano, despois de que os partidos de dereitas introduciran unha emenda de última hora pola porta de atrás na Lei de Desperdicio Alimentario para permitir que o lobo volvera ser trofeo de caza, lanzouse rapidamente a autorizar a caza de lobos, ou a “xestión” ou “extracción” como eufemísticamente lle chaman. Por sorte o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia paralizou preventivamente esta barbaridade. (3) (4) (5)

Atribúenselle con frecuencia ao lobo danos causados por cas asilvestrados, a miúdo abandonados polos cazadores, e en todo caso estes danos supoñen menos do 1% das rendas agrarias e existen compensacións para os gandeiros. Ademais está demostrado que matar lobos non reduce a predación do gando doméstico, porque se desestructuran as manadas e buscan presas máis fáciles. (6) (7)

Os cazadores ofrécese como solución aos problemas medioambientais que eles mesmos causan, como a superpoblación de xabaríns e outros ungulados, que se debe a que liberan no monte animais criados en granxas cinexéticas, así como á falta de depredadores como o lobo ou o raposo, especies crave para o equilibrio dos ecosistemas. (8)

Está probado que a presenza de depredadores é moito mais eficaz que a caza para reducilos danos aos cultivos, a transmisión de enfermidades como a tuberculose ou a brucelose ao gando doméstico e accidentes de tráfico provocados por animais cinexéticos, que se producen casualmente sobre todo nos meses de caza e os sábados, domingos e luns (AXA E DGT). (9) (10) (11)

Ao anterior engádese que os intereses cinexéticos son unha das razóns frecuentes dos incendios intencionados coa finalidade de rexenerar pastos para os animais ou eliminar matogueiras que dificultan a caza, aínda que tamén persoas doutros colectivos prenden lume e non por ese motivo debemos criminalizar ao conxunto (12)

No relativo a outro tema de candente actualidade nos últimos tempos, o proxecto de Altri&Greenalia, Ánxeles Vázquez deféndeo a morte a pesares das evidencias de que causaría danos irreversibles nun espazo protexido como a Serra do Careón, no río Ulla, a na ría de Arousa, ademais dos impactos socioeconómicos e na saúde, especialmente da Terra do Medio, na que ela naceu.

Como non é factible defender con argumentos científicos á macrocelulosa, recorre a argumentos disparatados, medias verdades ou directamente falsidades, de xeito que a colección dos seus “grandes éxitos” neste asunto é completa:

  • Ninguén bebe auga do río directamente.” (13)

    É ben certo que nun río morto como o que deixaría Altri, os organismos acuáticos só a beberían ao comezo da actividade unhas poucas horas ou días, pero máis de 140.000 persoas tamén beben do Ulla e as depuradoras actuais non son capaces de eliminar algúns contaminantes. (14) (15)
  • Non vai chegar absolutamente nada á ría”. (16)

    Estudou Xeografía e Historia, pero debeu latar ás clases de Xeografía Física cando explicaron o ciclo da auga, posto que os expertos indican que o 90% dous contaminantes son transportados polos ríos ao mar (Prego e Cobelo-García, 2003) (17)(18). Ao mellor neste caso, por obra e graza de Ánxeles Vázquez, fan unha excepción e saltan do río ao mar sen pasar pola ría.
  • O eucalipto é unha árbore máis” (19), cando os estudos científicos indican que os eucaliptais:
    – Arden o dobre de rápido que as frondosas autóctonas e poden causar lumes secundarios ata a 1,9 km de distancia. (20)

– Son desertos verdes, pola súa baixa biodiversidade e constitúen a causa principal do declive das aves no noroeste peninsular, que non atopan comida nin refuxio neles (21)

  • Trátase de vapor de auga (22) 

Certamente Altri tamén sería unha fábrica de vapor de auga (máis de 16 millóns de litros diarios), nunha zona xa húmida de por si (humidade relativa do 95% 300 días/ano) co que se favorece a formación de choiva áceda e néboas. Pero o vapor de auga iría da man de peores compañeiros: máis de 8000 k diarios de gases contaminantes, é dicir, mais de 3.000 toneladas anuais (material particulado, óxidos de nitróxeno e xofre, CO2, etc).

  • A auga ten un circuíto pechado e o resto depúrase e devólvese ao río”.(22). 

A cadratura do círculo, se fora un circuíto pechado non se devolvería ao río, pero ademais o proxecto presentado por Greenfiber e a súa páxina web (https://greenfiber.es/), apartado preguntas frecuentes, contradín rotundamente á Conselleira:

  • E despois do anterior a guinda final, xa sen necesidade de comentario ningún: “Con Altri temos que dicir a verdade” (23)

Cabe resaltar tamén a súa defensa a toda costa e a calquera custo medioambiental dos proxectos eólicos, que levou á paralización cautelar polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de multitude de parques polos posibles danos ambientais irreversibles, debido ao pouco ou ningún coidado do Gobierno galego na revisión ambiental, competencia da Consellería que dirixe. (24)

Galicia só ten protexido (no papel) un 12% do seu territorio, cando o resto das comunidades superan o 20% e tamén estamos á cola en reciclaxe de residuos, debido a que a Consellería é pirófila como os eucaliptos que tanto defende e prioriza a incineración. (25) (26)

Ánxeles Vázquez tamén amosou recentemente a súa falla de coñecemento dos problemas ambientais de Galicia cando, en relación á viaxe dunha expedición francesa á zona onde verteron bidóns radioactivos hai máis de 30 anos fronte a Galicia, dixo: “Non é de recibo que teñamos que enterarnos pola prensa dun asunto tan sensible como a presenza de material potencialmente perigoso fronte á nosa costa” (27)

A existencia desas verteduras é de sobra coñecida e conseguiuse paralas nos anos 80 grazas a unha campaña conxunta de Greenpeace e barcos de mariñeiros galegos, en especial o Xurelo, que levaba a bordo a un grupo de xornalistas, polo que varios medios déronlle cobertura naquel momento e tamén cando se cumpriron 35 anos da suspensión das descargas. (27)

En xaneiro deste ano a Conselleira tamén publicaba nas redes sociais a mensaxe: “Que Galicia sexa un refuxio climático non é froito da casualidade, senón dun traballo intenso. Transversal a toda a Xunta, pero pilotado pola nosa Consellería…” (28) Esta mensaxe deu moito que falar nas redes: como se ela puidera alterar o clima, que se o conseguira empuxando ela mesma a Galicia ata situala xunto ao Atlántico e o Cantábrico, …

Este verán milleiros de turistas cancelaron as súas viaxes a Galicia, porque, por desgraza, máis que un refuxio climático a comunidade estase convertendo nun inferno, debido na súa maoir parte á neglixencia da administración a que ela pertence, que continúa coa nefasta xestión forestal do franquismo promovendo os monocultivos de especies pirófitas (que pretenden reforzar aínda máis apoiando o proxecto de Altri&Greenalia) e aposta únicamente pola extinción (pero con traballadores malpagados, prazas sen cubrir e privatización de servizos) e esquecendo a prevención, que é bastante menos custosa económica e socialmente. Máis vale previr que curar é unha máxima aplicable a tódolos ámbitos.

Como dicía algúen nas redes sociais este días, se ardera en Alemaña a Selva Negra, rodaban cabezas seguro, pero aquí o verbo dimitir non o saben conxugar, así que haberá que esperar a que poidamos botar (con B) a Rueda, Ánxeles Vázquez e María Xosé Gómez, …

  1. https://www.elsaltodiario.com/caza/xunta-anuncia-un-plan-axudas-caza-co-pretexto-dos-estragos-dos-incendios
  2. https://praza.gal/politica/o-primeiro-acto-da-conselleira-de-medio-ambiente-polos-incendios-e-para-prometer-axudas-aos-cazadores
  3. https://www.elsaltodiario.com/lobo/organizaciones-tratan-evitar-caza-del-lobo-volver-receta-gestion-letal-no-funciona
  4. https://www.galiciaconfidencial.com/noticia/291191-ngeles-vazquez-conselleira-galicia-se-van-cazar-lobos-se-fai-xestion-lobo 
  5. https://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Poder-Judicial/Noticias-Judiciales/-El-TSXG-paraliza-cautelarmente-el-regimen-de-gestion-del-lobo-aprobado-por-la-Xunta 
  6. https://www.lavanguardia.com/vida/20250420/10598572/perros-salvajes-causan-tres-veces-mas-ataques-ganado-lobos.html
  7. https://www.science.org/doi/10.1126/sciadv.adu8945
  8. https://www.elsaltodiario.com/caza/animales-criados-granjas-cinegeticas-sueltas-indiscriminadas
  9. https://www.elsaltodiario.com/lobo/lobo-democracia-infierno?&utm_medium=social&utm_campaign=web&utm_source=twitter
  10. https://www.axa.es/-/los-jabalies-los-principales-causantes-de-accidentes-de-trafico-con-animales#:~:text=Por%20d%C3%ADas%2C%20el%20domingo%20es,un%20accidente%20contra%20un%20animal
  11. https://www.lavanguardia.com/motor/dgt/20250708/10869219/accidentes-trafico-animales-duplicado-espana-ultima-decada-dgt-quiere-reducirlos-cinco-medidas-tsc.html
  12. https://www.20minutos.es/nacional/son-intereses-cinegeticos-detras-incendios-intencionados-aliseda_6237000_0.html
  13. https://cadenaser.com/galicia/2025/03/23/anxeles-vazquez-ante-el-rechazo-social-a-altri-ninguen-bebe-auga-do-rio-directamente-radio-galicia/
  14. https://www.nosdiario.gal/articulo/social/altri-admite-que-vertera-rio-ulla-media-60000-quilos-sulfatos-ao-dia/20240627065249201147.html
  15. https://www.lavanguardia.com/natural/contaminacion/20240408/9590070/pfas-sustancias-quimicas-eternas-contaminan-aguas-potables-escala-mundial.html
  16. https://www.infobae.com/espana/agencias/2025/03/27/la-xunta-atribuye-la-preocupacion-por-altri-a-los-bulos-del-bng-e-insiste-en-pedir-respecto-a-los-funcionarios/
  17. La contaminación de los ríos y sus efectos en las áreas costeras y el mar | CEPAL
  18. Informe sobre o proxecto para a implantación dunha industria de fibra téxtil a base de celulosa e as súas infraestruturas asociadas
  19. https://www.eldiario.es/galicia/conselleira-gallega-medio-ambiente-eucalipto-arbol_1_11769569.html
  20. https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/1072605/eucaliptos-robles-pinos-arde-rapido
  21. https://www.galiciapress.es/articulo/movimientos/2025-05-02/5274769-bosques-no-levantan-vuelo-aves-desaparecen-eucaliptos-expanden
  22. https://www.eldebate.com/espana/galicia/20250406/angeles-vazquez-consejera-gallega-medio-ambiente-emitimos-27-millones-toneladas-c02-paralizacion-eolicos_285680.html
  23. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2025/08/03/span-langglagora-xa-non-hai-desculpa-ter-setenta-proxectos-eolicos-paralizadosspan/0003_202508G3P23991.htm
  24. https://www.eldiario.es/galicia/freno-judicial-49-parques-eolicos-galicia-cuidado-xunta-revision-ambiental-activismo-ecologista_1_11463721.html
  25. https://www.publico.es/politica/galicia-comunidad-arde-xunta-renuncia-proteger-red-natura-88-territorio.html
  26. https://www.eldiario.es/galicia/galicia-cola-reciclaje-comunidad-quema-mitad-basura-deja-tercio-vertederos_1_12035122.html
  27. https://www.eldiario.es/galicia/conselleira-medio-ambiente-dice-desconocia-existencia-bidones-radiactivos-sumergidos-30-anos-frente-galicia_1_12421306.html
  28. https://x.com/Anxeles_Vazquez/status/1884599497507897720

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio