Publica hoxe o DOG a anulación definitiva dos proxectos eólicos PUZA, PENA OMBRA, PEDRA LONGA, O VAO, MANCELO, ALTO DA CROA (non confundir co ALTO DA CROA II), A PICOTA (non confundir co A PICOTA II), A ESPADA e A COSTA.
Pero o certo é que non hai novidade. Isto era sabido xa desde hai tempo. Desde que foran publicadas en DOG as respectivas DIA,s DESFAVORABLES.
Por exemplo a DIA DESFAVORABLE do PE PUZA foi publicada no DOG do 22/12/22. Hai case un ano!
Que outra cousa podería ter acontecido distinta á publicación no DOG do arquivo/anulación definitivo do proxecto?
Agora queda que, dentro de 5 ou 6 meses, nolo comuniquen dixitalmente a través do notifica.gal e que nolo conten tamén por e-mail avisándonos, ademais, de que recibiremos notificación escrita, por correo certificado entregado en man… Como fixeran co Albariño I (e con ningún outro, que eu saiba) . Lembrades?
Xa sabemos que o retraso nas publicacións no DOG non son intencionados. Débense sempre a “problemas técnicos”.
PE PUZA: DIA DESFAVORABLE publicada no DOG 22/12/22
PE PENA OMBRA: DIA DESFAVORABLE publicada no DOG 24/01/23
PE PEDRA LONGA: DIA DESFAVORABLE publicada no DOG 20/01/23
PE O VAO: DIA DESFAVORABLE publicada no DOG 20/01/23
PE MANCELO: DIA DESFAVORABLE publicada no DOG 22/12/22
PE ALTO DA CROA: DIA DESFAVORABLE publicada no DOG 24/01/23 (ALTO DA CROA II 20/01/23)
PE A PICOTA: DIA DESFAVORABLE publicada no DOG 23/01/23 (A PICOTA II 20/01/23)
A ESPADA: DIA DESFAVORABLE publicada no DOG 10/07/23
A COSTA: DIA DESFAVORABLE publicada no DOG 20/01/23
É de supoñer que nestas datas vaian aparecendo no DOG os anuncios de SUSPENSIÓN DEFINITIVA doutros proxectos eólicos con DIA DESFAVORABLE publicada hai xa varios meses no DOG…
Manexan e manipulan a información á súa comenencia e pretenden facer pasar este tipo de publicacións como se fosen novidades ou mesmo o resultado da súa boa xestión na defensa do territorio…
E aínda haberá quen o celebre!
É un absoluto insulto á intelixencia da cidadanía.
A primeira vez que que nos minten é culpa deles por falsos e mentiráns. A segunda vez xa é culpa nosa por parvos e inxenuos. E a terceira… e a cuarta?
Son un Grupo Armado Organizado para Delinquir. Son auténticos delincuentes!
HAI QUE PARALOS!
HAI QUE BOTALOS!
Ecoloxistas.org Galicia “Atlántica e Verde”