Queremos manifestar o noso apoio á Plataforma “Sarria Aire Limpo”. Unha plataforma recentemente constituida, donde participan diversos colectivos ambientais e sociais así como tamén persoas a título particular.
Esta plataforma tras a charla informativa realizada o día 3 de abril sobre o proxecto da planta de CSR proxectada en Oural, manifesta que se opón ao proxecto polo risco que vai supoñer para a saúde e o medio ambiente.
Dende o grupo comarcal de Sarria de Ecoloxistas Galiza “Atlántica e Verde” concordamos con esa posición. Alegamos e xa estamos persoados tamén no asunto.
É convinte que a cidadanía reaccione para coñecer e poder difundir tódolos impactos, e evitar os posibles danos irreversibles que podería provocar.
Compartimos o enlace á nota de prensa trasladadada dende plataforma “Sarria Aire Limpo” , agradecendo a súa difusión: https://sarriaxa.com/news/votorantim-cimentos-presenta-o-seu-proxecto-para-producir-combustibles-solidos-recuperados/94300/

