Arde o corazón da Ribeira Sacra: Incendio en Ferreira de Pantón

Aldeas en perigo, tráfico ferroviario interrumpido, elevados gastos de extinción… Outro incendio que vai deixar unha forte pegada paisaxística e medioambiental neste ecosistema único.

O orballo da mañá de hoxe venres serviu de pouco. Tódolos frontes permanecen activos e varias aldeas están en perigo. O incendio está fóra de control 🌳.

O lume ás portas do Mosteiro de Santo Estevo

O lume comezou no fondo do val o onte ás 14:30 fronte ao Mosteiro de Santo Estevo de Ribas do Sil.  Incendio con “foco inicial” a carón das vías de ADIF  🤔 presunto mais todo indica, como ten pasado outras veces, co incendio foi producido por actividades de mantemento das vías ferroviarias, por material rodante en mal estado de RENFE ou de algunha das empresas ferroviarias privadas que circulan pola liña férrea de Ourense a Monforte.

A caseta de vixilancia pechada

A caseta de vixiancia que controla a Ribeira Sacra e unha boa parte das provincias de Ourense e Lugo está situada no monte de Cabeza de Meda (Ourense). Porén, leva todo o verán pechada, o que deixa sen este recurso esencial de detección e resposta temperá nunha das zonas máis sensibles do territorio.

A importancia da investigación das causas

Un puntal básico na prevención de incendios forestais é a investigación das causas dos mesmos. Os incendios están establecidos como delictos no código penal e deben ser investigados e porlle “nome e apelidos” a cada un deles: motivacións, se son intencionados, por accidente, neglixencias..Débese enxuizar aos causantes, depurar responsabilidades, asumir os costes dos gastos de extinción, indemnizar os danos económicos, ecolóxicos e sociais producidos. Pondo en práctica o principio de precaución, establecer medidas de prevencion para que non se volvan producir estes sinistros previsibles e evitables.

Agardemos se faga unha boa investigación e sepamos quen foi o causante ou causantes deste incendio que calcinou un dos ecosistemas e das paisaxes de máis valor do conxunto da Ribeira Sacra 🌳🌳🌳🔥 🌳

Poñendo en práctica o principio de precaución, cómpre establecer medidas preventivas para que non se repitan sinistros previsibles e evitables coma este.

Foto inicio del incendio. Comezo do lume de Ferreira de Pantón nos Canóns do Sil-Ribeira.

Un ecosistema ferido

O lume calcinou un dos ecosistemas e paisaxes de maior valor do conxunto da Ribeira Sacra. Un territorio recoñecido polo seu patrimonio natural, cultural e histórico, que unha vez máis sofre o impacto devastador do lume.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio