Boicot a ABanca xa!!

abanca-boicot

Desde a sociedade Impulsa Galicia idearon un proxecto de fábrica de celulosa e lyocell e despois escolleron á empresa lusa Altri para levalo a cabo, asinando o famoso memorándum de entendemento do que aínda descoñecemos o seu contido:

https://impulsa.gal/impulsa-galicia-y-altri-presentan-en-bruselas-o-projecto-de-fabrica-de-fibras-textiles-sostenibles-de-palas-de-rei

Esta sociedade tamén está detrás dos numerosos proxectos de biogás que se queren implantar en Galicia, como o de Antas de Ulla:

Impulsa Galicia reclama al Gobierno primas al biogás para el proyecto de la planta de purines

Impulsa Galicia é unha sociedade público-privada promovida pola Xunta de Galicia (40%), na que tamén participan ABANCA (38%), REGANOSA (12%) e SOGAMA (10%). Por outra parte, GADISA é propietaria do 59, 65% de REGANOSA e NATURGY posúe o 49% de SOGAMA.

https://impulsa.gal/es/somos/
https://www.reganosa.com/servicios/accionistas/
https://www.sogama.gal/es/quienes-somos

Despois da Xunta o principal actor en Impulsa Galicia é Abanca, quen ademais podería chegar a financiar parcialmente o proxecto de macrocelulosa en Palas de Rei, polo que é un dos principais actores privados vencellados á este proxecto. GADISA forma parte do grupo empresarial Tojeiro con interese en diversas actividades económicas, que van dende a distribución de alimentos (supermercados Gadis), ata empresas vencelladas ao sector forestal como INTASA, Unión de Empresas Madereiras, Eume Madeiras e Caleras de Moeche.
A proba da importancia do sector forestal en GADISA é que no 2022, mantivo conversas para participar na fábrica que pretende instalar Altri en Palas de Rei.

Tojeiro, la potencia maderera discreta

Ademais, como propietaria de case o 60% de Reganosa, GADISA veríase directamente beneficiada pola instalación de Altri, posto que pretende subministrarlle no futuro hidróxeno verde.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2022/07/13/reganosa-surtira-hidrogeno-verde-sentury-altri-dara-carga-trabajo-navantia/0003_202207G13P27991.htm

Como consumidores e usuarios de servizos temos un poder maior que como votantes, do que a miúdo non somos conscientes. Eliximos a políticos que en maior ou menor medida están sometidos aos poderes económicos, aos que con frecuencia favorecen en prexuízo dos cidadáns, feito incentivado polas famosas portas xiratorias. Podemos practicar o activismo como consumidores e ir directamente contra eses poderes económicos que nos gobernan na sombra, castigando os seus comportamentos contrarios ao ben común. Para as empresas, unha pequena perda en participación de mercado pode ser moito máis custosa que facerse socialmente responsables.

Reduciuse o papel dos gobernos a gardiáns dos intereses corporativos. Se a democracia representativa se converteu nunha parodia do que debería de ser, debemos substituíla coa democracia directa e participativa de abaixo cara arriba, sen que por suposto eso supoña rexeitar as actuais estruturas democráticas, pero debemos transformalas para que traballen para o interese público e nunca para o interese privado.
Unha democracia que beneficia a unha minoría a expensas da maioría non defende un sistema democrático senón oligárquico. Quen considera o boicot a unha empresa politicamente incorrecto baséanse nun argumento cínico, posto que as corporacións e os gobernos están constantemente violando a lexislación e destruíndo calquera posibilidade dunha contorna sostible, polo que o gasto do consumidor é un recurso moi lexítimo e efectivo para obrigar ás corporacións para cambiar os seus hábitos.

Existen numerosos exemplos de cambios provocados polos consumidores en grandes empresas e multinacionais. Citaremos algúns:

1) Os ovos de galiñas engaioladas desaparecen dos supermercados pola presión dos consumidores:

https://www.20minutos.es/medio-ambiente/blogs/cronicaverde/los-huevos-gallinas-enjauladas-desaparecen-los-supermercados-5595936

2) Grandes fabricantes agroalimentarios abandonan o aceite de palma polas reaccións dos consumidores ao coñeceren estes os seus efectos prexudiciais na saúde, ademais de que a súa produción causa deforestación de espazos autóctonos para a plantación de palmas ou a destrución do hábitat dos orangutáns:

Grandes fabricantes agroalimentarios abandonan el aceite de palma pero se olvidan del oliva
Caprabo también elimina el aceite de palma de su marca propia

3) Nike esixiu a unha empresa provedora en México que aceptase o dereito dos traballadores para asociarse libremente despois de que estudantes universitarios de EE.UU. organizasen un boicot contra todos os seus produtos, ao coñecer que a subcontrata só permitía a existencia dun sindicato corrupto controlado corporativamente:

https://www.jussemper.org/Inicio/Recursos/Poderconsumlogicamerc.pdf páxina 14

Cada vez que compramos un produto ou servizo, co noso diñeiro estamos a elixir a que tipo de empresas queremos apoiar con el, estamos a elixir o mundo no que queremos vivir e o futuro que queremos deixar ás xeracións futuras. Por iso desde Ecoloxistas Galicia “Atlántica e Verde” facemos un chamamento para que, en sinal de protesta, boicotear a estas empresas que colaboran e favorecen o proxecto de Altri en Galicia mediante as seguintes accións:

1) Retirar os fondos e, se é posible cancelar as contas na entidade financeira ABANCA, indicando o motivo. No concepto do traspaso podemos indicar “Por que Abanca apoia Altri” ou “Boicot Abanca Altri Non”. Unha alternativa pode ser a Caixa Rural Galega, cooperativa de crédito cunha forte vinculación a Galicia e ao mundo rural galego, ameazado polo proxecto da pasteira. As cooperativas de crédito son organizacións sen fins de lucro, nas que as ganancias se devolven aos socios en forma de comisións reducidas, taxas de aforros máis altas e taxas de préstamos máis baixas:

https://espanol.mycreditunion.gov/about/what-credit-union

2) Eliminar a Gadis da lista de supermercados nos que compramos. A mellor alternativa son as pequenas tendas de barrio e os mercados.

3) Cambiar de compañía suministradora/comercializadora de enerxía eléctrica de Naturgy a por exemplo A Nosa Enerxía. O boicot que se propón dende ECOLOXISTAS GALICIA “Atlántica e Verde” é unha forma de dicir #AltriNon e #BiogasNon, quizá aínda máis eficaz que calquera manifestación, por multitudinaria que sexa, porque imos aos seus petos, que é onde mais lles doe.

#BoicotABanca
#MoitoMellorCaixaRural
#BoicotGadis
#BoicotNaturgy

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio