BRUTALIDADE ARBORICIDA !!!

Imaxes do arboricidio cometido estes días nas Neves de Grixoa e en Santiago de Anllo, Concello de San Amaro (Ourense).Carballas centenarias, situadas en lugares públicos, árbores que nunca estorbaron, que gozaban de moi boa saúde… Ninguén sabe explicar este proceder e ataque a estas fermosas carballas, os primeiros sorprendidos son os propios veciños e veciñas de Anllo e Grixoa que non entenden o por que desta “brutalidade arboricida” institucional 🤔 Fai uns días operarios do concello de San Amaro cun dos seus concelleiros o fronte e a axuda dunha empresa privada procederon a “decapitación” das carballas centenarias que hai ao carón dos campos da festa e as igrexas destas fermosas aldeas do Ribeiro.Diante da desfeita inxustificada e sen sentido seica os “responsables” do Concello de San Amaro andan agora con presas na busca de técnicos que xustifiquen a súa actuación pois din que: “as carballas eran moi perigosas e puñan en risco aos veciños, veciñas e camiñantes…”.Son ARBORICIDAS sen forma nin xeito, practican a brutalidade, promoven a incultura, estragan o patrimonio vivo que herdamos…Non teñen perdón!!! 🌳🌳🌳🌍

Nota. Os carballos en caso de poda precisamente iso é o que non hai que facer.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio