A Central Hidroeléctrica Reversible (CHR) de Punta Centinela (Oia)
Unha nova ameaza para a Serra da Groba e a súa comarca
Desde o pasado martes, día 26 de novembro, aparece publicado para “Consultas Previas” na web do MITECO o Documento de Inicio dorrespondente ao Proxecto dunha Central Hidroeléctrica Reversible de Agua Marina en Punta Centinela, no concello de Oia. Nesa mesma publicación establécese como data de remate para consultas o vindeiro 24 de decembro.
Xa no verán de 2022, concretamente o martes 12 de xullo, saía a exposición pública este mesmo proxecto para o trámite de obtención doa preceptiva autorización do Servizo de Costas.
Tal e como recollía naquela altura David Reinero, no Praza.gal :
“…a central hidroeléctrica reversible de 250 MW que se propón situar ao norte do concello de Oia, case no límite co de Baiona, bombearía auga do mar ata un depósito a 400 metros de altura que ocuparía 40 hectáreas de monte comunal desde o que a auga volvería soltarse para producir nese momento enerxía eléctrica”
“Segundo a documentación do proxecto, o depósito superior ocuparía monte comunal, nas proximidades do curro de Mougás que serve de referencia para unha importante poboación de cabalos salvaxes. A tubaxe de conexión co mar discorrería subterránea ao longo de preto de dous quilómetros e xunto ao litoral instalaríase a central de produción eléctrica e a subestación, para o que se requiriría a ocupación duns 2.800 metros cadrados en dominio público marítimo terrestre e outros 4.100 metros en zona de servidume.”
A liña de evacuación, cun total de 32 quilómetros, catro deles soterrados e os restantes 28 de tramo aéreo, atravesaría a Serra da Groba de oeste a leste afectando gravemente aos concellos de Oia, Baiona, Gondomar, Mos e O Porriño para levar a produció eléctrica desta central á subestación de Atios, no concello do Porriño.
Entrevista de Marci Varela (Cadena SER) a Bruno Centelles (IEM – SOS Groba) no programa HOY POR HOY BAIXO MIÑO emitido este pasado 27 de novembro: