A medida precautoria solicitada consiste na suspensión da execución do acto impugnado, a desestimación por silencio administrativo do recurso de alzada interposto contra a Resolución do 24 de abril de 2023 ditada pola Dirección Xeral de Planificación enerxética de Recursos Naturais da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia pola que se outorga autorización administrativa previa e de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico San Cristovo, sito nos Concellos de Monterroso, Portomarín e Taboada (Lugo), promovido por Enel Green Power España, S.L.U. (expediente LU-11/117-EOL), DOG Núm. 112, de 14 de xuño de 2023.
Entende a Sala que a demandante conseguiu acreditar indiciariamente a existencia de elementos ambientais altamente sensibles, ao estar en en espazos directamente afectados polas obras a realizar. Polo que no auto que se nos vem de notificar o TSXG acolle a medida solicida para o proxecto do parque eólico San Cristovo, que se se chegase a instalarse afectaría aos Concellos de: Monterroso, Portomarín e Taboada, todos eles da provincia de Lugo.
Pero tamén, se nos foi notificado hoxe o auto sobre o contencioso pola Non Suspensión de Solpor e aí, en cambio, a medida solicitada non foi acollida polo TSXG.
En calquer caso, é de xustiza agradadecer o gran traballo realizado nos diferentes asuntos por abogados e procuradores do turno de oficio, designados polo Colexio de Abogados da Coruña que, a pesar das reducidas compensacións, poñen todo para sacar adiante estes extensos e complexos expedientes.
