Notificousenos o auto do TSXG, donde se comunica que se acolle a medida cautelar solicitada pola nosa asociación para o Proxecto Eólico Valdepereira, que de construirse afectaría o concello de Lalín.
Un proxecto no que o Tribunal acorda suspender cautelarmente e sen caución a execución. O TSXG indica que a distancia á que se proxectan construír as instalacións eólicas é “susceptible de ocasionar unha perturbación significativa sobre a saúde das persoas e o benestar dos animais”.