CONSEGUIDA A PARALIZACIÓN CAUTELAR DO PE FIAL DAS CORZAS

Tras interpoñerse recurso contencioso-administrativo fronte á desestimación por silencio do recurso de alzada interposto contra a Resolución de data 23/04/2.023, ditada pola Dirección xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturaiss da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, pola que se otorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construcción ás instalaciones relativas ao proyecto industrial eólico“Fial das Corzas”, sito nos Concellos de Laza e Vilar de Barrio na provincia de Ourense, promovido por Iberdrola rematábamos solicitando que se adoptase pola Sala, a medida cautelar de suspensión da executividade do acto sinalado entendendo que concurrían a totalidade dos presupuestos esixidos .A representación Letrada da Xunta de Galicia, opúxose, porque considera, que o proxecto eólico no ocasionará danos irreversibles ao medio ambiente; debido a que as afecciones ambientais probables xa foron analizadas e sendo, en todo caso, reversibles. Entende tamén que o interés público que para todos conlevará o uso da enerxía eólica, debe prevalecer fronte a calquer outro interés. Solicita que se impoña a caución de 28.862.063,87 €, ou, a que se estime prudente.

A representación da codemandada (Iberdrola Renovables Galicia), oponse á cautelar en líña similar á manifestada pola representación Letrada da Xunta solicitando que se impoña caución á demandante, de 30.842.063,87 €.

Visto o contido da totalidade das actuacións, o TSXG considera que procede estimar a medida cautelar solicitada por afeccións de diversa índole: Paisaxísticas, a especies vulnerables e en perigo de extinción, humedais, patrimonio arqueolóxico,.. Respecto ao interés prevalente, o T S ten consolidada una importante líña jurisprudencial que otorga prevalencia á preservación do medio ambiente determinando a suspensión dos actos que incidan desfavorablemente sobre o mesmo.

O art. 45 da Constitución Española, en canto principio rector que informa a práctica xudicial, fai obrigada a suspensión do acto administrativo susceptible de causar prexuizos de difícil reparación ao medio ambiente como ben xurídico constitucionalmente protexido.

Remata o auto adoptando a medida cautelar solicitada sen imposición de caución.

Queremos agradecer o bo traballo de abogado e procuradora do Turno de Oficio e o traballo altruista e voluntario da nosa xente , que o fixeron posible.

Con esta nova cautelar condecida a lista a día de hoxe de Galicia, según os nosos datos, estaría así:

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio