Dende a Asociacion Ecoloxistas Galicia Atlántica e Verde,congratulámonos de que o esforzo altruista e voluntario dos membros e colaboradores que a compoñen , así como o bo facer de abogado e procuradora designados polo Turno de Oficio, contribuisen a que se acollese a Cautelar solicitada relativa ao proxecto denominado “Parque Eeólico Monte Neme” que afectaría aos Concellos de Carballo e Malpica de Bergantiños, según Auto do TSXG de 22/01/2005.
O acordado neste auto notificado súmase, ao acordado previamente polo TSXG, tras ser solicitado por outros demandantes, no mesmo asunto . Coa decisión de acollemento da cautelar, que xa estaba en vigor neste caso, evítase que os promotores acometan ou executen obras aproveitando o “impas xudicial” tal como viñan actuando noutras ocasións cun dano evidente e co visto bo da Administración.
Constátase o dano irreversible deste Proxecto coa Costa da Mote ,en xeral, e cos entornos Razo-Baldaio,Monte e Costa de Cambre,rio Lourido,Verdes,Santa Irene,península de Caion,Cantis de Rega,Punta Peniño ,Cantís das Neves,Monte San Adrián,Brañas de fonteseca..etc.en particular.
Considérase un impacto visual e medioambiental extremo, aínda máis, coa existencia de instalacións mineiras ,abandoadas e non restauradas, cun alto risco acumulativo,tal como se recolle no auto.
Ponse tamén de manifesto como o Goberno da Xunta trata de deslixitimar á sociedade civil en defensa dos intereses comúns e segue autorizando en favor de intereses especuladores privados sen criterios obxetivos e garantistas.
Agardamos que se empecen a respectar as Decisións Xudiciais (tal como demandan doutras administracións) tanto pola clase política como polos operadores económicos interasados ,e ó tempo que felicitamos á veciñanza, e animamos á cidadanía a sumarse á loita para poder defendernos deste espolio, tan indiscrininado como dañino, loita na que sempre nos atoparemos.


