Antonio Aretxabala e Antonio Turiel

Onte, xoves 20 de xuño, no Centro Recreativo, Artístico e Cultural de Coruxo, en Vigo, asistimos ao faladoiro “CRISE ENERXÉTICA E DE MATERIAIS” con Antonio Aretxabala, doutor en xeoloxía e investigador independente, e Antonio Turiel, doutor en física e invetigador do CSIC. Tivemos ocasión de falar un pouco de (case) todo e quedamos emprazados para posibles futuros encontros…
Os “Antonios” son dous auténticos comunicadores e divulgadores científicos. Falan “alto e claro”. Con datos. Como a nós nos gusta facer!. Como é de lei!
Uns auténticos “cracks”!

Nas principais conclusións, que poderían ser resumidas en “Outra transición é posible… e outra sociedade é posible”, destaca a idea das trampas que encerra a tan cacareada transición enerxética, a fraude dos fondos Next Generation e a burbulla eólico-fotovolta…

“Somos a primeira (e quizais a última) xeneración de sapiens que queimamos non so a herdanza dos nosos antergos (pais, nais, avós e avoas) senón tamén a dos nosos descendentes (fillos, fillas e mesmo netos e netas)”

O actual modelo liberal-capitalista é clara e cienificamente insostible. A crise ambiental e a escaseza de enerxia non renovable fan inevitable, imprescindible e urxente a transición ao 100% renovable.

Pero non así, nin con este modelo nin con estes gobernos,,, HAI QUE PARALOS!. HAI QUE BOTALOS!

O faladoiro foi gravado polos compañeiros/-as do CRAC de Coruxo e a pesares da súa duración, case tres horas, resultou moi dinámico e tremendamente ameno e interesante.
Agradecidos aos “Antonios” polo seu faladoiro e a TJBS e ao CRAC de Coruxo pola organización do evento.
Á espera de que se publique a versión editada, compartimos estas ligazóns para adiantar os contidos tratados …

Antonio Turiel
Antonio Aretxabala

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio