Día Mundial do Raposo

O papel do raposo respecto ao medio natural é moi importante, podemos dicir que é unha peza clave no mantemento dos ecosistemas, desempeñando unhas funcións ademais moi beneficiosas para as persoas.

A primeira función de importancia que realiza gratuitamente é a da eliminación e procesado de cadáveres de animais e dos seus restos, limpando así o campo e previndo enfermidades e pandemias. Nos seus desprazamentos diarios recolle moitos animais atropelados das cunetas das estradas, dalgúns aliméntase e outros son enterrados para aliviar máis adiante os momentos de fame. Así pois o raposo como outros animais carroñeros, voitres, corvos, picarazas, libra ao monte de animais enfermos ou mortos, axudando a frear a propagación de enfermidades como a mixomatosis do coello.

A segunda función útil para nós é a do control de pragas agrícolas. Unha poboación sa de raposos mantén baixo control aos roedores como aos ratos, ratas, topillos e aos topos, actuando sobre os eventuais incrementos no seu número, suavizando este incremento e evitando males maiores para as colleitas. Por iso o agricultor debería ver ao raposo como un aliado, aínda que a a cultura popular fixo que isto non sexa así na maioría dos casos.

A terceira función importante para as persoas e para o medio natural que realiza este animal, tal vez a menos coñecida, é a da diseminación de sementes. Ou sexa que o raposo traballa como un viverista, tratando as sementes e plantándoas polo campo ao longo de quilómetros nas súas roldas diarias. Este pequeno cánido é unha animal clave para a restauración natural dos ecosistemas xa que a súa dieta está composta parcialmente de froitos e bagas de plantas, árbores e arbustos que son dixeridos, separando así as súas sementes da pulpa e pel para máis adiante ser excretados lonxe da poboación vexetal orixinal onde as sementes poden xerminar colonizando así outras zonas e mellorando a diversidade vexetal deses lugares.

Non se pode facer política para un rural vivo, se non protexemos á fauna clave dos ecosistemas e garante da biodiversidade como son os raposos. O papel do raposo vermello e a enfermidade de Lyme (borreliose) ou como os raposos manteñen á raia a enfermidade. Os mellores loitadores biolóxicos. A Enfermidade de Lyme é unha doenza transmitida dos animais ao home (zoonosis). É producida pola bacteria Borrelia burgdorferi que se aloxa asintomáticamente nos roedores. O vector que a transmite é un ácaro chupador de sangue, a garrapata Ixodes rícinus. Viven entre a maleza á espera de que pase un animal ao que subirse e picar para alimentarse. Estes poden ser ratos, cervos, raposos, lobos, ganado doméstico, cans e mesmo ao ser humano. Esta enfermidade se non de diagnostica pronto e non se trata a tempo pode provocar secuelas importantes. Ante esta situación, uns investigadores holandeses comprobaron que cantos máis raposos manteña un bosque, menos roedores existen e os que logran sobrevivir campean menos e por tanto baixa a posibilidade de que os múridos sexan hospedadores das garrapatas e así que sexan transmisores das borrelias que producen a Enfermidade de Lyme no ser humano. Cuantifican mesmo en 20 veces menos o descenso de garrapatas infectadas por borrelias en bosques ben poboados de raposos. Por tanto nos bosque que existan raposos,lobos, aves rapaces ou calquera outro depredador de roedores estamos a ser asistidos por loitadores biolóxicos que axudan a diminuír a incidencia da Enfermidade de Lyme.

Nos últimos anos autorízanse os chamados campionatos de caza de raposo. A celebración destas accións para nada fomentan os recursos cinexéticos e o medio natural, ademais de non existir un censo de raposos que achegue

información acerca da densidade actual do raposo a nivel local ou autonómico. Destacar o labor ecolóxico do raposo, controlando as poboacións de pequenos vertebrados que poden ser prexudiciais para o ser humano e axudando a manter o equilibrio ecolóxico ao eliminar carroñas dos nosos montes que poden ser focos de infección para outros animais. Esta actividade cinexética conleva a morte gratuíta dun animal que non é comestible e ademais incide negativamente no equilibrio ecolóxico.

#DíaMundialRaposo