A entidade ambientalista urxe á Administración a tomar medidas e determinar o réxime de danos producidos ao medio, aos recursos hídricos e aos humedais colindantes.
Para Nery Díaz, presidenta de Ecoloxistas en Acción Galiza, existe unha notoria falta de dilixencia por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Natural con respecto á inscrición destas zonas no Inventario de Humedais da Xunta de Galicia.
Segundo o informe técnico presentado por Ecoloxistas, unha das balsas ocuparía na súa meirande parte o terreo dun humidal denominado Braña da Useira e a potencial rotura desta produciría danos irreparables nos leitos do Rego da Casa Vella -na actualidade debaixo das balsas mineiras- e para o rego da Braña Ancha, co conseguinte dano ambiental para o humidal do mesmo nome.
En consonancia con isto, Ecoloxistas en Acción ven de pedirlle a Augas de Galicia que proceda sen demora a efectuar a drenaxe da auga das balsas mineiras das parcelas implicadas e a e eliminar as mesmas da área afectada, pois debido a visible falla de medidas de seguridade, unha potencial rotura ou fallo no seu manexo podría provocar graves consecuencias ambientais. Ademáis, insta ao organismo público a garantir a continuidade ecolóxica lonxitudinal e transversal dos leitos dos regos de Casas Vellas e Braña Ancha para garantir o equilibrio ecolóxico do humidal da Braña Ancha.