Ecoloxistas Galicia Atlántica e Verde únese á petición de cesamento das actividades da empresa Enlight Renewable Energy en España

Desde Ecoloxistas Galicia Atlántica e Verde, como unha das máis de 100 organizacións asinantes, facemos pública a carta remitida ao Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, na que se esixe a prohibición das operacións en territorio español da empresa israelí Enlight Renewable Energy.

Esta empresa, que opera en zonas palestinas ocupadas en vulneración flagrante do dereito internacional, está a desenvolver varios proxectos no Estado español, incluído un proxecto de almacenamento con baterías de litio en La Fueva (Huesca), onde conta cunha forte oposición veciñal.

A carta denuncia que Enlight Renewable Energy:

  • Opera en territorios ocupados ilegalmente recoñecidos pola ONU.
  • Contribúe ao espolio de recursos e ao desprazamento forzoso da poboación palestina e beduína.
  • Está vinculada a un estado acusado de crimes de guerra e de lesa humanidade.
  • As entidades asinantes reclamamos:
  • A paralización inmediata dos proxectos de Enlight en España.
  • A revisión das relacións comerciais con empresas vinculadas ao Estado de Israel.
  • A imposición dun embargo total de armas a Israel.

📄 Consulta aquí a carta completa asinada por Ecoloxistas Galicia Atlántica e Verde e outras organizacións sociais, ambientais e de dereitos humanos:
[Descargar PDF]

A transición ecolóxica debe ser xusta, democrática e respectuosa cos dereitos humanos. Non se pode construír sobre a impunidade nin co apoio a empresas que participan na ocupación e destrución de territorios e pobos.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio