En Ourense… a Deus rogando e…

NOTICIA: Ourense tendrá antes de final de año refugios climáticos contra el calor extremo

Despois da xuntanza do Sr. Alcalde e da Sra. Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático (18 de xuño do 2025) 🤔 imos reflexionar sobre algúns datos meteorolóxicos:

Ourense en xullo do 1990 acadou 42,2 graos, en xullo do 2013 chegouse aos 45 graos e o 17 de xuño deste ano 40,7 graos. Nunca a cidade, dende que hai rexistros meteorolóxicos fiables, tivo as temperaturas tan altas.
Outro dato, din no concello que Ourense ten 8255 árbores (2000 árbores menos que no anterior inventario arbóreo), 500.000 metros cadrados de espazos verdes, tendo en consideración os consellos da Organización Mundial da Saúde e da Unión Europea, Ourense tiña que ter 40.000 árbores e 1.050.000 metros cadrados de zonas verdes (o doble de zonas verdes e 32.000 árbores máis dos que hoxe temos).

Din os científicos que o mellor antídoto contra o cambio climático, o mellor refrixerante contra as temperaturas extremas son os espazos verdes, a vexetación e as árbores adultas. Pois ben, como se explica entón e como se pode xustificar a desfeita e eliminación das árbores de máis valor da cidade? como se poden investir 2,6 millóns de euros en estragar a biodiversidade e o valor patrimonial do Xardín histórico do Posío???


As imaxes son do Posío no 2024 e actuais despois da eliminación das árbores que nunca estorbaron, boeno agora estorban e son “improcedentes” segundo dixo o Sr. Jácome. Mais todo ten solución, menos mal que por orden do Alcalde de Ourense e ocurrencias da Conselleira de Medio Ambiente a cidade vai ser pioneira, en Galicia, no establecemento de “refuxios climáticos”… Non fai moito un amigo médico díxome que as temperaturas extremas producen delirios 🌱🌹🌳

Segunda medida de refugio climático na cidade de Ourense !! 😜 A primeira xa se coñece facer unha macro cafeteria do tamaño dun centro comercial no xardín do Posío e máis elementos de formigón nun espacio con protección integral.

Ourense ao revés.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio