Sobre a FRAGMENTACIÓN FRAUDULENTA de proxectos industriais macro-eólicos…
Bruno Centelles García, voceiro do IEM (Instituto de Estudos Miñoráns) e da Plataforma SOS Groba
O DOG de hoxe, 14/11/2023 publica a DIA FAVORABLE do PE MONTEIRO (Baleira, Baralla e Becerreá)
Outro caso máis de FRAGMENTACIÓN FRAUDULENTA, DIA Irregular e INCUMPRIMENTO DE PRAZOS LEGAIS
O proxecto eólico MONTEIRO fora publicado no DOG o pasado 3 de agosto de 2022:
E nesas mesmas datas publicaba tamén o proxecto eólico RESTELO:
Segundo a lexislación estatal (BOE 24/06/20) establecíase un prazo máximo de 22 MESES para que os proxectos en curso obtivesen unha DIA favorable. Este prazo foi ampliado en 9 MESES (BOE 22/12/21) pasando a ser o 24/01/2023 a nova data de referencia.
Calquera proxecto que non tivese DIA FAVORABLE antes do 24/01/2023 quedaría definitivamente anulado.
Pero a XUNTA, non conforme con iso e sempre valedora dos intereses empresariais introduce, na Lei de Acompañamento dos Orzamentos para 2023, unha “Rede de Seguridade” (así lle chamaron os srs. Rueda e Conde na roda de prensa posterior ao consello da Xunta do xoves 19 de xaneiro) pola que os proxectos sen DIA antes do 24/01 seguirán o seu curso sen máis problemas…
Con todo iso, e sempre seguindo a “lexislación vixente”, calquera proxecto eólico en curso que con anterioridade ao 23/04/2023 non tivese aprobado pola Xunta a súa autorización administrativa e de construción, tivese ou non publicada a súa DIA, sería anulado e o seu expediente definitivamente pechado.
O PE MONTEIRO fai conxunto co PE RESTELO. Publícanse como proxectos independentes fraccionando cada un deles en dúas partes:
– Por unha banda temos o P.E. RESTELO (DOG 03/08/22) e a súa LAT- Liña de Evacuación (DOG 06/09/22) pero aínda non sabemos nada da súa DIA.
– Pola outra banda avanza o PE MONTEIRO (DOG 03/08/22) preséntase como un proxecto diferente, coa súa LAT (DOG 06/09/22) e coa súa DIA FAVORABLE (DOG 14/11/23).
Queda claro que comparten estruturas fundamentais (LAT) chegando mesmo a prescindir o PE MONTEIRO da súa Torre de Medición. Deberemos entender entón que nestes vindeiros días aparecerá no DOG a DIA FAVORABLE do PE RESTELO que amable e fraudulentamente compartirá a súa Torre de Medición co PE MONTEIRO.
O PE MONTEIRO xa non ten “sistema de medición propia”.
Sabemos pola DIA publicada hoxe que o PE MONTEIRO reduce o seu número de aeroxeradores , elimina as máquinas 1, 3 e 6 pero, a cambio, substitúe os modelos a instalar por outros máis potentes: xa non serán VESTAS V150 de 4,2MW senón os máis modernos SIEMENS-GAMESA SG 170 de 6,6 MW polo que mantén a súa potencia total en 33,6MW.
5 máquinas con aspas de 83m e unha altura total de 198m.
Pero aínda non sabemos como estes dous fraudulentos proxectos conectarán coa REE (Rede Eléctrica Española). Isto será, seguramente, “obxecto dun proxecto independente”.
O máis grave de todo isto é que non se trata dun caso illado. Demóstrase un día si e outro tamén que esta é unha práctica CORRUPTA, REPETIDA e CONSENTIDA por todo o país.
Comparando o aínda non resolto caso dos PE,s SASDÓNIGAS I e II (está pendente a execución da sentenza firme do Tribunal Supremo ratificando a anterior do TSXG) co conxunto MONTEIRO+RESTELO resulta evidente que estamos diante dun novo caso de FRAGMENTACIÓN FRAUDULENTA dun MACROPROXECTO EÓLICO en pequenas pezas separadas e pretendidamente independentes co evidente propósito de saltar a lei.
PE,s SASDÓNIGAS I e SASDÓNIGAS II (Mondoñedo):
E non podemos perder de vista que os PE,s MONTEIRO e RESTELO forman parte dun enorme e fraudulento MACROPROXECTO EÓLICO formado por non menos de 11 proxectos industriais eólicos interconectados entre si e afectando directamente á comarca de Becerreá-Ancares:
E disto é do que entende o TSXG. E sobre isto opina…
Son proxectos que violan reiteradamente o marco legal.
Estamos diante de PROXECTOS ILEGAIS!
Queda perfectamente acreditado que os diferentes axentes (Empresarios e inversores, políticos, e medios de comunicación afíns) comparten intereses e manexan con destreza as súas armas e ferramentas cun obxectivo claro e ben definido: mellorar as súas contas de resultados saltándose a lei.
Queda perfectamente acreditado que son un GRUPO ARMADO ORGANIZADO PARA DELINQUIR.Son auténticos delincuentes!
HAI QUE PARALOS!
HAI QUE BOTALOS!