Imaxe obtida de: Galiciapress.es
Os propietarios forestais de Lugo indican, en relación coa prórroga parcial da moratoria do eucalipto, que, dada a baixa rendibilidade e pragas que sofren as plantacións de piñeiro, “necesitan algunha alternativa”. lavozdegalicia.es
A propia prórroga da moratoria permite plantar eucaliptos se as súas plantacións de piñeiro sofren a enfermidade da banda marrón, pero das súas demandas enténdese que unicamente pretenden plantar eucalipto.
En primeiro lugar, ser propietario dun terreo non outorga o dereito para realizar calquera actividade no mesmo. A propia Constitución Española no seu artigo 45 recoñece o dereito para gozar dun medio ambiente adecuado, así como o deber de conservalo e faculta aos poderes públicos para velar pola utilización racional de todos os recursos naturais, co fin de protexer e mellorar a calidade da vida e defender e restaurar o medio ambiente.
Os efectos dos eucaliptais no medio ambiente están cientificamente acreditados: perda de fertilidade do chan, de biodiversidade, redución do volume de augas superficiais e subterráneas, incendios máis virulentos, …

La proliferación del eucaliptal está desplazando a las aves autóctonas en Galicia
El eucalipto daña suelos y el equilibrio hídrico
En segundo lugar, na Península Ibérica, concéntrase case o 94% do eucalipto de todo o continente europeo e en Galicia o 27,5%. Estes datos revelan que o eucalipto é case inexistente no resto de Europa, así que, está claro que existen alternativas.

Con todo, en Galicia a industria, co apoio dos poderes públicos só promoveron inicialmente a industria do piñeiro e posteriormente a do eucalipto, en gran medida pola demanda xerada por Ence Pontevedra e Ence Navia. Se só tes un martelo, todo che parecerá un cravo.
Gobernantes e pasteiras convenceron a moitos propietarios forestais de que a única alternativa é o eucalipto, mentres no resto de Europa a industria forestal céntrase nas frondosas e coníferas. Aprovechamiento maderero frondosas francia
A realidade é que o bidueiro ofrece unha taxa de retorno dun 5,35% e o castiñeiro entre o 6,60 e o 12,2% o que non ten comparación co resto de especies forestais.

Galicia podería ser unha potencia mundial na produción de castaña, produto cunha elevada demanda. As empresas galegas deste sector necesitan importar elevadas cantidades por falta de materia prima.
Pola contra, o interese medio anual que produce o eucalipto nítens (o mais rendible) está entre un 5,53% (leira grande e alta mecanización) e un 0,45% (leira non mecanizable). No caso do globulus a rendibilidade é menor, ata negativa en parcelas pequenas e non mecanizables.
En resumo, non só hai alternativas, senón que estas son máis rendibles.
https://www.campogalego.gal/o-castineiro-o-cultivo-forestal-de-maior-rendibilidade/
https://www.campogalego.es/el-minifundio-pone-contra-las-cuerdas-la-inversion-en-el-monte/
Dende Ecoloxistas Galicia Atlántica e Verde non estamos dacordo coa flexibilización da moratoria e esiximos a prórroga indefinida da mesma e a eliminación das plantacións ilegais, porque, “non hai prosperidade se destrúes o futuro para construír o presente” como di Fernando Valladares, doutor en bioloxía (Centro Superior de Investigacións Científicas).
Se aínda non asinaches a peticion, faino agora aquí :
STOP PLANTACIÓN DE EUCALIPTOS EN GALICIA

