ℹ️Actualización! Temos novas alegacións con plazo para presentar ata o 8 de xaneiro 👇
A Xunta abriu o trámite de información pública da autorización ambiental integrada (AAI) e do estudo de impacto ambiental (EIA) dunha planta de biometano, compost e fertilizantes en Xunqueira de Ambía (Ourense), promovida por Biofertilizantes Xunqueira de Ambía, S.L. O prazo é de 30 días hábiles desde o día seguinte á publicación no DOG (03/10/2025). Durante este período calquera persoa pode consultar a documentación e formular alegacións.
📌 Que se tramita?
- Obxecto: Planta de tratamento de residuos e SANDACH mediante dixestión anaerobia para producir biogás/biometano, con liñas de compostaxe e efluentes para recirculación, fertilización e auga de rega.
- Localización: Varios predios no termo municipal de Xunqueira de Ambía (Ourense).
- Consulta pública: Na DX de Calidade Ambiental e Sostibilidade (San Lázaro, Santiago) e na web da Consellería (busca de expedientes AAI).
✊ Por que animamos a presentar alegacións?
A nosa proposta de alegacións (modelo dispoñible) sinala deficiencias graves na documentación posta ao público. Algunhas pinceladas:
- Residuos sen detalle: non se concreta procedencia nin codificación LER, o que impide avaliar riscos (Lei 21/2013, Lei 7/2022). 🗄️
- Cheiros e emisións difusas sen modelizar (NH₃, H₂S, CH₄); limítanse a prometer biofiltros (Decreto 133/2008, Lei 16/2002). 👃🧪
- Uso de efluentes para rega sen caracterización conforme ao RD 1620/2007 e sen autorización hidráulica concreta. 💧📉
- Risco de inundación infravalorado nun ámbito con tramos identificados pola CH Miño-Sil (Directiva 2007/60/CE). 🌧️🌊
- Impactos en biodiversidade na contorna da ZEPA A Limia e zonas húmidas, con inventario incompleto de especies (Lei 42/2007, Dir. Hábitats). 🐦🌿
- Compatibilidade urbanística: solo rústico agroforestal sen acreditación clara e sen Plan Especial (Lei do Solo de Galicia). 🏗️🧭
- Hidroxeoloxía ausente nunha área con masa de auga subterránea (Directiva marco da auga). 🕳️🚰
📝 Como presentar alegacións?
- Descarga/emprega o noso modelo breve de alegacións: inclúe os principais argumentos técnicos e xurídicos para este expediente (2024-IPPC-I-153).
- Rexístraas dentro do prazo de 30 días hábiles (contados desde o día seguinte á publicación no DOG do 03/10/2025). Podes presentalas:
- No Rexistro da DX de Calidade Ambiental e Sostibilidade (San Lázaro, Santiago de Compostela).
- Sede electrónica da Xunta / calquera rexistro habilitado (art. 16.4 LPAC).
- Indica sempre o expediente: 2024-IPPC-I-153 e o título do proxecto.
- Se precisas axuda para personalizalas, indícanolo e facilitámoscha.
📣 Participa!
A participación pública mellora os proxectos e evita impactos innecesarios. Se vives, traballas ou te preocupas pola Limia, presenta alegacións: estás no teu dereito e é útil para defender a saúde, a auga, o solo e a biodiversidade da comarca. 💚🌍
Documentación de referencia:
- Modelo de alegacións BREVES – con argumentos técnicos e legais específicos para este expediente.
- Anuncio no DOG (03/10/2025) con prazos, enderezos e canles de consulta.
- Modelo de alegacións LONGAS – con argumentos técnicos e legais específicos para este expediente.

