ISTO XA É O COLMO!

DIA FAVORABLE para o PE PENA DO PICO, Baralla e Becerreá,  (DOG 08/01/24)

– Este proxecto eólico foi publicado para exposición pública no DOG do pasado 26 de outubro cun prazo de 30 días hábiles.

– Rematou ese prazo o 12 de decembro de 2023 (hai menos dun mes)

– Co Nadal polo medio publican, o 8 de xaneiro, a DIA FAVORABLE!

– 8 de xaneiro publican o Anuncio do 22 de decembro polo que se fai pública esa DIA FAVORABLE!
Rematara o prazo de exposición pública o martes 12 de decembro e o venres 22 xa tiñan a DIA FAVORABLE!

COMO PODEN SER TAN CARADURAS!

Pero é que a cousa non remata con isto… NON!


Este PROXECTO INDUSTRIAL PRIVADO superponse escandalosamente co preexistente PE SERRA DO COLMO nun máis que evidente caso de FRAGMENTACIÓN FRAUDULENTA e SUPERPOSICIÓN DE PROXECTOS e COMPARTICIÓN ILÍCITA DE ESTRUTURAS FUNDAMENTAIS!
A historia do PE SERRA DO COLMO (pódese comprobar a súa cronoloxía no DOG) e de todo o “Conxunto Ancares” conectado, xunto con todo o grupo Meira-A Pastoriza- Mondoñedo e cos proxectos LEVANTE, VENTISCA, MONZÓN, BOURA e BORRASCA, hábilmente “recuperados” polo “non ministro” e candidato Besteiro logo da súa negociación coa Ministra Ribera.

Segundo nos contan, a explicación/xustificación de toda esta maraña está na subministración de enerxía á factoría de ALCOA

O DOG de hoxe ten a desfachatez de anunciar as DIA,s DESFAVORABLES dos PE,s CAROLIÑO e PEQUECHO ao mesmo tempo que a FAVORABLE do PE PENA DO PICO. Rexeitan os proxectos CAROLIÑO E PEQUECHO pola acumulación de efectos negativos dada a densidade eólica naquela zona:

Non se aplica ese mesmo criterio de “ACUMULACIÓN DE EFECTOS SINÉRXICOS NEGATIVOS” sobre a paisaxe e o medio natural na zona Becerreá-Ancares. Parece que, tal e como se pode comprobar na nosa infografía, non se apreza “Acumulación de proxectos” no mesmo territorio e non Polo que se pode ver nesa imaxe tampouco hai FRAGMENTACIÓN FRAUDULENTA, nin SUPERPOSICIÓN DE POLIGONAIS, nin COMPARTICIÓN ILÍCITA DE ESTRUTURAS FUNDAMENTAIS

E moi doado de entender:
SON UN GRUPO ARMADO ORGANIZADO PARA DELINQUIR!
HAI QUE PARALOS!
HAI QUE BOTALOS! (Con “B”, non con “V”)

eNSALADA pDp.jpg

eNSALADA pDp 2.jpg

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio