“VIGO A DEBATE” (Televigo, 15 de decembro de 2021)
Tal día coma hoxe de hai dous anos, organizado por Marci Varela, tiña lugar nas instalacións de Televigo unha nova entrega do programa “Vigo a debate” que naquela ocasión abordou “… un dos temas que máis preocupa á industria e aos ecoloxistas: A enerxía eólica. E é que Galicia leva varias décadas optando por instalar parques eólicos no seu territorio e, sen embargo, comezan a levantarse voces en contra deste tipo de proxectos. Dos seus pros e contras falaremos no programa de hoxe…”
“NON É NON!”:
Cómpre salientar que o deseño inicial deste debate pretendía a presenza de representantes políticos (concellos e Xunta), das Comunidades de Montes, do mundo empresarial, da cidadanía activa organizada e mesmo do OEGA e da Universidade de Vigo.
Por diferentes razóns unicamente aceptaron participar neste programa dúas das partes convidadas: AEG e IEM-SOS Groba. Valorouse mesmo adiar o debate a unha data máis favorable para todas as partes.
A proposta final de Televigo foi un “debate a dous” no que participaron Manuel Pazo, presidente da EGA (Asociación Eólica de Galicia), que o faría “on line” e Bruno Centelles, voceiro do IEM (Instituto de Estudos Miñoráns), da Plataforma SOS Groba e da Rede Galega STOP eólicos, desde os estudios de Televigo.
Televigo publicou na súa canle de Youtube o programa dividido en dúas partes:
E desde o Instituto de Estudos Miñoráns publicouse na súa canle de Youtube unha versión editada que agrupaba nunha única peza o programa íntegro. Sen cortes:
No curto espazo de tempo no que esta peza estivo dispoñible acadou 896 visitas pero foi retirada por Youtube a instancias de Televigo, ao parecer por problemas de dereitos de autor.
A data de hoxe permanece plenamente vixente nos seus contidos e dispoñible na canle de Youtube do IEM a peza “NON É NON!” que ilustra esta nova.
Ecoloxistas Galicia “Atlántica e Verde”