Manzaneda, Queixa, San Mamede, montes de Montederramo, Chandrexa, frontes quilómetricos cara Mormentelos…Montes da Mezquita, montes de Oimbra, montes de Cartelle, lumes as portas da cidade de Ourense… Miles de hectáreas arrasadas/calcinadas sen sermos capaces de facer fronte á forza do lume.
“Incendios fóra de capacidade de extinción”

Entre o queimado hai reservas hidrolóxicas, ZEPAS, Rede Natura 2000, aciveirais, bidueirais, carballeiras, soutos, brañas que son nacentes de ríos, deceas de hectáreas cubertas de arandeiras, miles de mamíferos e aves abrasados “rixados”, hábitats únicos en Galicia estragados…
Un ECOCIDIO!!! 🤔 Onde está dona Ángeles Vázquez Mejuto, Conselleira de Medio Ambiente é bo lembrar que unha boa parte do queimado son espazos naturais, polo tanto responsabilidade da súa consellería.
A conselleira de Medio Rural só veu a Ourense a dicirnos que os medios non poden actuar en moitas das zonas pola dificultade de acceso…a pregunta que nos facemos nos servizos forestais públicos é: de que medios fala a Sra. conselleira dona María José Gómez???

Arden parte dos ecosistemas de máis valor do país e do Presidente da Xunta de Galicia ninguén sabe nada, boeno, sabemos que diante da catástrofe ecolóxica, económica e medioambiental xa anda soltando teorías exculpatorias para non asumir a responsabilidade da súa incompetencia, da incompetencia e desleixo das súas conselleiras e dos responsables da política forestal de Galicia.

As cousas poden facerse ben, mal ou ao revés, en Galicia a prevención de incendios e a política forestal xa fai moitos anos que decidiron facela ao revés.
Profunda mágoa e impotencia 🔥 🌳🔥


