Foto de NDR
Está suficientemente acreditado, segundo os estudos científicos e testemuñas que se citan, que estas macroplantas producen os seguintes impactos:
1) Prexuízos para a saúde das comunidades circundantes: maior risco de enfermidades respiratorias, cardíacas, cancro e outras patoloxías.
A revisión de 19 estudos científicos realizados entre os anos 2000 e 2022, levada a cabo por Tamburini e colaboradores, revelou a emisión nas proximidades destas plantas de concentracións significativas de material particulado (PM10 e PM2,5), axentes microbianos (bacterias e fungos), endotoxinas, compostos orgánicos volátiles (entre eles o 1,2-dicloroetano “substancia de moi alta preocupación”), ademais de ozono, dióxido de nitróxeno e de xofre, que provocan risco de enfermidades respiratorias e cancro, superando os resultados o limiar de seguridade do risco de cancro e concluíndo que estas instalacións poden supoñer unha ameaza para a saúde das comunidades circundantes.

Foto de National Cancer Institute en Unsplash
Nun dos estudos analizados nesta revisión (Lee et al. 2021), que destaca pola súa alta calidade metodolóxica, conclúese que as visitas a urxencias por problemas respiratorios entre os residentes que viven a menos de 10 km destas industrias son significativamente máis altas.
Os prexuízos para a saúde débense fundamentalmente ás propiedades dos gases que compoñen o “biogás”, segundo o estudo de Stoleka e Rusin, algúns dos cales son:
– Dióxido de carbono (CO2), un gas importante en relación co cambio climático polo seu potente efecto invernadoiro.
– Metano (CH4): gas de efecto invernadoiro aínda maior o CO2. É moi inflamable e un precursor crave do ozono troposférico, responsable de aproximadamente un millóns de mortes respiratorias prematuras globalmente. Ademais, ao queimarse emite CO2 e carbono negro, un compoñente das partículas PM2.5, que poden causar enfermidades respiratorias e cardiovasculares. As fugas de metano durante a produción, almacenamento ou transporte son frecuentes.
– Amoníaco (NH3): gas inflamable/explosivo especialmente en espazos pechados, tóxico, irritante e cáustico. En forma de gas e vapores, provoca problemas oculares, cutáneos e respiratorios, máis ou menos graves en función da súa concentración e do tempo de exposición.
– Sulfuro de hidróxeno (H2S): extremadamente inflamable, moi tóxico, irritante e químicamente asfixiante; cheiro característico a ovos podridos perceptible mesmo en concentracións moi baixas; é un dos gases responsables das choivas acedas, que contaminan as augas e toda a cadea alimentaria.
Posibles peligros que plantean las plantas de biogás
2) Importante deterioración da calidade de vida nun radio de varios quilómetros, motivada polo impacto na saúde e os cheiros nauseabundos que ata o de agora ningunha planta de “biogás/biometano” foi capaz de corrixir e que obriga aos veciños a non poder saír ao exterior moitos días ao ano.
As testemuñas de veciños/as e Alcaldes/as afectados son moi abundantes, tanto no caso de plantas cunha certa antigüidade, como nas de recente construción. Relaciónanse só un par de exemplos exemplos para non alongar o texto innecesariamente:
- Llutxent (Valencia): “Se abro a ventana asfíxiome e se a pecho tamén” Ver en Youtube
- Casasbuenas (Toledo), planta inaugurada no verán de 2025: Cheiro «nauseabundo» que provoca “náuseas e dores de cabeza”

3) Derivado do anterior, depreciación do valor das vivendas nun radio de 5-10 km. Deste xeito, os veciños da zona quedan condenados e atrapados sen saída, posto que non poden nin vender as súas casas para adquirilas noutro lugar, o cal provoca unha clara indefensión.
4) Elevado risco de accidentes, derivado en gran medida do uso nas intalacións de gases altamente inflamables e explosivos.
Segundo o estudo de P. Trávníček et ao. que recompila unha mostra de 208 accidentes en plantas de “biogás” en toda Europa entre 2006 e 2016, o número de accidentes nestas instalacións medra a un ritmo maior que a produción de enerxía nelas, polo que consideran que é necesario impulsar o debate sobre a seguridade das mesmas.
Análisis cuantitativos de accidentes en plantas de biogás en Europa
Outro estudo científico (Hala Hegazy e colaboradores) analiza 75 accidentes en plantas de biogás en todo o mundo, e conclúe que os máis frecuentes son as explosións de gas (69,3%), seguidas de liberacións de gas tóxico (17,9%) e a maioría deles tiveron impactos severos e catastróficos e estaban relacionados co incumprimento de normas fundamentais, como a Directiva ATEX 2014/34/UE que regula o risco de explosión.

Para evitar as explosións, entre outras medidas, son necesarias válvulas de alivio de presión e para minimizar consecuencias significativas para a saúde dos traballadores provocadas polos gases tóxicos derivados da dixestión anaerobia (sulfuro de hidróxeno, amoníaco, …) as plantas deben contar con válvulas de alivio de presión e sistemas de ventilación adecuados (do que se pode concluir que as intalacións non poden ser herméticas como din os promotores, por cuestións de seguridade).
O 17 de agosto de 2020, en Châteaulin (Francia), un digestor nunha instalación de biogás derramouse, liberando 400 m3 de residuos no próximo río Aulne, provocando unha grave crise ambiental que contaminou o río e ameazou significativamente a vida acuática e o ecosistema local con efectos duradeiros que impactaron substancialmente na poboación local e os operadores turísticos.
5) O xurro é un fertilizante, un produto de utilidade na actividade agro-gandeira. Adecuadamente xestionado, non é un resíduo, senón un recurso que a industria do “biogás/biometano” podería ata converter nun custe para os gandeiros (diferenza de prezo entre o xurro e o dixestato).
Non supón ningún problema ás explotacións con base territorial, e as que non a teñen na inmensa maoiría de Galicia conseguen colocar os excedentes de xurro aos gandeiros con terra boa parte do ano.
E onde exista un problema de exceso de xurros e de nitratos, o “biogás/biometano” non é a solución, tal e como recoñece Veolia, líder mundial no sector do biogás e o biometano, ao afirmar que, “tendo en conta que os nutrintes non se reducen…, os proxectos de metanización enfróntanse a problemáticas moi similares ás dos xurros”.
¿Son los proyectos de metanización la solución al problema de los purines?
Mesmo segundo algúns estudos científicos as emisións de NH3 (amoníaco) do dixestato poden ser maiores que as dos estercos orixinais e a práctica de fertilizar os solos con materiais procedentes da dixestión anaeróbica pode incrementar a concentración de nitratos no solo nun 30-40% en comparación co purín non dixerido.
Impacto ambiental del biogás: una breve revisión del conocimiento actual
Só ao redor do 5% dos residuos se transforman en biogás; o 95% restante convértese en dixestato, cuxa xestión supón graves retos ambientais”, tal e como afirma, citando á propia industria do sector, Máximo Florín Beltrán, profesor e investigador da Universidade de Castela-A Mancha (UCLM).
Un profesor alerta del riesgo de las plantas de biometano
Así mesmo, un informe do Tribunal de Contas Europeo (2021) —“Apoio da UE á bioenerxía”— advirte que varios Estados membros, incluído España, non garanten que a expansión do “biogás” sexa coherente cos obxectivos de redución de nitratos, alertando dos riscos de contaminación por reciclaxe de estercos en rexións saturadas.
Polo tanto, o “biogás/biometano” non é a solución a ningún problema agrario.

Foto de Mirko Fabian en Unsplash
6) Pretenden vender os dixestatos como “biofertilizantes”, cando conteñen todo tipo de impurezas e contaminantes (restos de medicamentos, aditivos industriais, metais pesados, substancias presentes nos produtos de limpeza, …) que pasan ás terras, alimentos e acuíferos. A eliminación total destes compostos é imposible na actualidade e o custo dun tratamento que elimine unha parte importante dos mesmos é tan alto que a maioría de promotores non asumirá este investimento que lastraría a rendibilidade do seu negocio.
Czatzkowska M. e colaboradores revisaron os estudos sobre os contaminantes presentes nos dixestatos procedentes de plantas de biogás de varios países e conclúen que o seu uso como fertilizante resulta perigoso e podería representar unha ameaza para o solo, a auga, o medio ambiente e a saúde pública, dado que:
-Entre o 25% e o 33% dos dixestatos analizados están extremadamente contaminados con cadmio e mercurio e un 45%-50% representan un risco ecolóxico moi alto pola súa contaminación con metais pesados.
-A mayoría dos dixestatos (63-100%) presentan un alto risco de selección de resistencia aos antimicrobianos.
– As clases de antibióticos consideradas de importancia crítica e alta segundo a lista da OMS (1) tenden a estar presentes en altas concentracións nos dixestatos e poden exceder o límite de alerta en canto ao risco de selección de resistencia aos fármacos.
Tamén resaltan que na Unión Europea polo momento non existe regulación dos niveis máximos permitidos de residuos de antibióticos nos dixestatos destinados á fertilización do chan e deberían prohibirse os de importancia crítica e regularse os de importancia alta.
(1) https://scholar.google.com/scholar_lookup?title=WHO%E2%80%99s+List+of+Medically+Important+Antimicrobials+A+Risk+Management+Tool+for+Mitigating+Antimicrobial+Resistance+Due+to+Non-Human+Use&author=WHO&publication_year=2024
As bacterias farmacorresistentes poñen en perigo a capacidade para tratar as enfermidades infecciosas comúns nos humanos, incrementando os custos sanitarios e a mortalidade.
Un creciente número de infeccións son cada vez más difíciles (e ás veces imposibles) de tratar, a medida que os antibióticos perden eficacia.
Resistencia a los antibióticos
O estudo realizado por Jürgen Neuhaus e colaboradores informa da presenza da bacteria Clostridium botulinum, causante de enfermidades graves (botulismo), en cantidades moi superiores no dixestato en relación co xurro sen dixerir, o que implica riscos para a saúde humana e animal no caso de usarse o dixestato como fertilizante.
Detección de Clostridium botulinum en residuos de plantas de biogás y purines
Esta bacteria é anaerobia (só se desenvolve en ausencia de osíxeno), polo que os dixestores son un medio ideal para a súa proliferación.
O uso de lodos de estacións de depuradoras de augas residuais é habitual nestas industrias e numerosos estudos mostran a presenza neles dos contaminantes indicados, prexudiciais para o medio ambiente e a saúde humana ao causar diversos efectos nos seres vivos, como toxicidade crónica, disrupción endócrina, bioacumulación, así como problemas no crecemento e a fertilidade.
Fontes:
Tratamiento de microcontaminantes en agua y aguas residuales
Fuentes de sustancias químicas disruptoras endocrinas en aguas residuales urbanas, Oakland, CA
Productos farmacéuticos y de cuidado personal en el medio ambiente: ¿agentes de cambio sutil?
En ocasións mesmo a degradación primaria dalgúns destes compostos nas plantas de tratamento de augas residuais ou no propio ambiente xera produtos máis persistentes e de maior perigo que os compostos iniciais.
4-Nonilfenol en lodos de depuradora: acumulación de metabolitos tóxicos de surfactantes no iónicos

Foto de Ivan Bandura en Unsplash
A situación agrávase aínda máis se se introducen no proceso produtivo do “biogás-biometano” efluentes hospitalarios.
7) A produción de biometano pode poñer en perigo os obxectivos do Acordo de París no caso de utilizarse amplamente, como se pretende.
O metano é un gas de efecto invernadoiro cun potencial de quecemento global moi superior que o CO2 (27,2 ±11 veces maior).
Segundo o estudo sobre as emisións da cadea de subministración do biometano xerado mediante as tecnoloxías máis comúns nesta industria, realizado por Semra Bakkaloglu e colaboradores os perfís de emisións son similares aos do petróleo e o gas natural e as emisións de metano poderían ser máis de dúas veces maiores do estimado anteriormente.
Tendo en conta que está previsto que a capacidade produtiva do biometano aumente ata 200 veces entre 2020 e 2050, o impacto sobre os obxectivos climáticos non será menor.
O nivel de emisións do “biogás” é, en xeral, maior que para os motores de gas natural. (Paolini)
Impacto ambiental del biogás: una breve revisión del conocimiento actual
E o biometano implica un maior consumo de enerxía e emisións en comparación co “biogás”, dado que parte do metano pérdese durante o proceso de depuración (Marco Ravina e Giuseppe Genon)
Tal e como sinalan a Oficina Europea do Medio Ambiente, ademais doutras organizacións como a Axencia de Investigación Ambiental, Deutsche Umwelthilfe ou a Fundación Changing Markets “o biogás é un cabalo de Troia fósil, vendido como unha solución verde pero que, en realidade, obriga á UE a seguir dependendo do gas e fomenta a “industrialización da gandería” e a súa “expansión acelerada e sen control na UE corre o risco de consolidar a contaminación” “e incumprir os obxectivos climáticos» ao non estar apoiada por análises ambientais sólidas.
Ecologistas preocupados por la expansión del ‘biogás’ sin los controles adecuados, ponen en ‘tela de juicio’ el objetivo de la UE para 2030
O Tribunal de Contas Europeo, indica nun informe sobre a biomasa e o “biogás/biometano”, que “o marco político da UE para a enerxía renovable non aborda totalmente os riscos medioambientais e socioeconómicos da bioenerxía para as zonas rurais. A bioenerxía non é sinónimo de enerxía sostible”
8) Risco para os consumidores finais do biometano.
A cocción a gas contamina o aire interior de forma que a miúdo excede os límites de calidade do aire da OMS, sen que sexa suficiente para evitalo poñer en funcionamento a campá extractora, expoñendo aos cidadáns ao risco de problemas de saúde graves.
A combustión do gas natural emite dióxido de nitróxeno (que aumenta o risco e a gravidade de distintas enfermidades respiratorias e pulmonares), partículas finas PM2.5, monóxido de carbono (CO) e o canceríxeno formaldehído.
Varios estudos coinciden en que os nenos experimentan un incremento de ata o 20% no seu risco de ter asma se hai unha cociña de gas na súa casa.
Dinamarca e os Países Baixos xa prohibiron que as vivendas de nova construción teñan cociñas de gas, e outros países teñen previsto seguir o seu exemplo.
Purificando el aire: Cocina a gas y contaminación en los hogares europeos
¿Es hora de abandonar el gas en la cocina? Contaminación y posibles problemas para la salud

Foto de KWON JUNHO en Unsplash
O biometano podería incrementar aínda máis os riscos para a saúde respecto da combustión do gas natural se se xera a partir de residuos perigosos.
O estudo de G.M. Naja et ao. Assessment of biogas plant hazards. Renew Energy (2011) realizado baixo os auspicios da Axencia Francesa para a Seguridade Ambiental e Ocupacional, conclúe que a inxección do biometano procesado na rede de distribución non presenta riscos químicos ou microbiológicos adicionais para os consumidores en comparación co gas natural, sempre que se produza mediante a fermentación de residuos non perigosos.
9) O “biometano” non é competitivo económicamente, posto é dúas veces máis caro que o gas natural.
¿Es hora de abandonar el gas en la cocina? Contaminación y posibles problemas para la salud
Como indica Antonio Turiel, investigador, experto en recursos enerxéticos do Centro Superior de Investigacións Científicas, nin o “biogás” nin o “biometano “son rendibles nin sostibles a gran escala”. “En canto se supera certa escala crítica, os problemas ambientais e económicos multiplícanse e só se sosteñen inicialmente polas subvencións”. “Moitas plantas pecharán, non serán viables e xerarán impactos ambientais e sociais”.
El científico del CSIC, Antonio Turiel, alerta sobre la especulación detrás del auge del biogás
EcoloxistasGal, Atlantica e Verde. Posicion-sobre-as-plantas-de-biogas/
2. Stop plantas de biogás e biometano #NinNoTeuPoboNinNoNoso:
EcoloxistasGal Atlantica e Verde. Stop-plantas-biogas-e-biometano-ninnoteupoboninnonoso/

