Menos cemento e máis coñecemento

*As imaxes son do formigonado do pouco verde que hai nos (Xardíns Antonio Failde-Pavillón dos Remedios -Ourense-).

Actuación da Xunta de Galicia cos parabéns e silencio cómplice do Concello de Ourense…Os humanos somos teimudos e tardamos en mudar de opinión ou de admitir consellos aínda que sexan fundamentados en informes científicos, directivas da Unión Europea, ou consellos da OMS-ONU.

Ourense xa é una gran “illa de calor” na que habitamos algo máis de 100.000 persoas, lamentablemente as distintas administracións públicas (administración central, deputación provincial, Concello de Ourense e Xunta de Galicia) seguen estragando o pouco verde co que conta a cidade, seguen estragando o patrimonio arbóreo, seguen formigonando os poucos parques e xardíns que temos.

Non teñen perdón!!!🌱🌳🌍

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio