Poñemos á disposición da veciñanza un modelo de alegacións contra o proxecto da liña de alta tensión P.E. As Penizas – SEC Paraño, situada nos concellos de Forcarei e Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) e Beariz (Ourense), e promovida por Engie Proyecto As Penizas, S.L. (expediente IN408A 2021/003).
📄 Xa podes descargalo en formato editable e listo para presentar:
- 📝 Formato Word (editable)
- 📄 Formato PDF (para imprimir)
⏳ PRAZO ATA O 19 DE MAIO
📅 O prazo para presentar alegacións remata o 19 de maio de 2026.
É fundamental que participe o maior número de persoas posible.
Cada alegación conta.
❗ POR QUE É IMPORTANTE ALEGAR
Este tipo de infraestruturas supón un forte impacto sobre:
- A paisaxe e o territorio
- O medio ambiente
- A calidade de vida da veciñanza
- O desenvolvemento rural e económico da comarca
✊ DEFENDE O TEU TERRITORIO
Estamos nun momento clave. A fase de exposición pública é a oportunidade para que a cidadanía se faga escoitar.
👉 Presentar alegacións é un dereito
👉 Tamén é unha forma de defender o noso futuro
A nosa paisaxe, a nosa saúde e o noso futuro están en xogo.
NON á liña de alta tensión que ameaza o noso territorio.

