📢 MODELO DE ALEGACIÓNS DISPOÑIBLE contra o proxecto da planta de biogás da Laracha

poñemos á disposición da veciñanza un modelo de alegacións contra o proxecto da planta de biogás da Laracha, para facilitar a participación cidadá neste proceso.

📄 Xa podes descargalo en formato editable e listo para presentar:


⚠️ PRAZO DE PRESENTACIÓN

📅 O prazo para presentar alegacións está aberto ata o 25 de maio de 2026.

É fundamental que o maior número de persoas posibles presente alegacións. Cada escrito conta.


🧾 QUE INCLÚE O MODELO?

O documento recolle, entre outros aspectos clave:

  • Os riscos para a saúde pública e o incremento de enfermidades asociadas
  • A contaminación do aire, das augas e dos solos
  • A xeración de cheiros intensos e persistentes
  • O impacto sobre o río Anllóns e os ecosistemas
  • A proximidade a vivendas (mesmo a pouco máis de 300 metros)
  • As deficiencias graves do Estudo de Impacto Ambiental
  • A afección ao patrimonio cultural e ao medio rural
  • A incompatibilidade coa normativa ambiental e urbanística vixente

Todo isto co obxectivo de solicitar unha Declaración de Impacto Ambiental desfavorable e a denegación da autorización do proxecto.


✊ PARTICIPA E DEFENDE O TEU TERRITORIO

Estamos nun momento clave. A fase de exposición pública é a oportunidade para que a veciñanza se faga escoitar.

👉 Presentar alegacións é un dereito.
👉 Tamén é unha responsabilidade colectiva.

Dende a asociación estamos traballando en alegacións máis completas, que tamén difundiremos en canto estean rematadas.


📩 AXUDA E DÚBIDAS

Se precisas axuda para cubrir ou presentar o documento, non dubides en contactar connosco.


A Laracha non é un vertedoiro industrial.
Defendamos a nosa saúde, a nosa terra e o noso futuro.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio