NEGACIONISTA: quen nega ou rechaza sistemáticamente os feitos e as realidades respaldadas pola evidencia científica ou a historia.
Fai menos dunha semana xuntáronse en Ourense dúas persoas que practican o negacionismo día sí e día tamén.
Pois ben, o Sr. Jácome e dona Ángeles (alcalde de Ourense e Conselleira de Medio Ambiente) presentaron o, según eles, deseño do primeiro refuxio climático de Galicia!!! sendo Ourense a primeira cidade galega “en la que se recurra a la plantación de árboles y a otras soluciones naturales…Crear entornos naturales amables, apostar por más espacios naturales y menos infraestructura gris…”.
Dous gobernantes NEGACIONISTAS que din unha cousa e practican outra ben distinta. Mentras facían estas declaracións o concello de Ourense seguiu realizando podas a destempo (cría de fauna e en contra da bioloxía das árbores -movemento do zume/savia).
Mentras o Sr. Alcalde e a Sra. Conselleira informaban do seu “refuxio climático” no barrio ourensán da Ponte tallaron polo pé as árbores de máis valor da zona, eliminaron un parque infantil (arranxado recentemente) arrasaron con todo tipo de vexetación con maquinaria pesada…
Son negacionistas e o máis grave é que nin os seus asesores se atreven e decirllo polo que seguirán practicando o NEGACIONISMO estragando o patrimonio natural con diñeiro público 🌳

