NON Á PLANTA PARA XERAR COMBUSTIBLE A PARTIR DE RESIDUOS QUE INCINERARÁN EN OURAL

Fábrica de cementos de Oural

LE, REFLEXIONA, ASINA A PETICIÓN E DIFUNDE.

https://c.org/7hNTxxpVW4

Dende hai décadas, a comarca de Sarria, en Lugo, ven sufrindo os impactos da contaminación ambiental provocada pola cementeira de Oural. Nos últimos anos, os habitantes teñen vivido constantes preocupacións polo incremento da contaminación e os seus potenciais efectos nocivos na saúde pública e no noso entorno natural.

Recentemente, Votorantim Cementos España S.A. propuxo un proxecto para a instalación dunha planta de CSR (combustibles sólidos recuperados) en Oural. Esta instalación ten previsto procesar anualmente ata 163.800 toneladas de residuos para a produción de combustible sólido recuperado, que será co-incinerado na propia fábrica de Oural. Esta proposta agrava os nosos medos, xa que o proceso implica o manexo masivo de residuos e a súa posterior queima, o que podería aumentar substancialmente os niveis de contaminación no noso aire e afectar a nosa saúde e a do noso delicado ecosistema.

Os estudos científicos mostran que a incineración de residuos industriais libera unha ampla gama de contaminantes tóxicos, incluíndo metais pesados, dioxinas e furans, que están asociados a graves riscos para a saúde, como enfermidades respiratorias, cardiovasculares e incluso algúns tipos de cancro. En zonas densamente povoadas, como a nosa, estas substancias poden ter un impacto devastador na calidade de vida da xente.

Hai que ter en conta que as emisións contaminantes vanse acumulando nos organismos vivos en concentracións cada vez máis elevadas ata que desencadean enfermidades graves. As sustancias tóxicas vanse depositando no chan (en terras de cultivo, prados, arboredos etc.) e nas augas. Os vexetais absórbenas pola raíz mesturadas co resto de nutrientes da terra. Pasan aos animais que comen eses vexetais e, polo tanto, aos animais carnívoros. Respiramos esa contaminación tóxica, bebémola a través da auga e comémola ao consumir alimentos de orixe vexetal e animal producidos nas áreas afectadas. 

Por que non se suxeriu un estudo epidemiolóxico sobre as poboacións máis próximas á fábrica de Oural, tendo en conta os ventos dominantes que levan a contaminación? 

Por que non se comproban os datos da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, durante os últimos 30 anos, despois de que as emisión contaminantes da fábrica de Oural comezasen a provocar casos de patoloxías graves nas zonas potencialmente afectadas? 

Por que non se comparan os datos das zonas contaminadas cos datos doutras zonas distantes non afectadas? 

Por que o Concello de Sarria e a Xunta de Galicia non esixen este estudo epidemiolóxico comparativo? 

Resposta: Porque quedaría demostrado que a fábrica de Oural foi contaminante e a planta de CSR de Oural, que terá máis sustancias contaminantes e en maior cantidade, será máis tóxica e perigosa para a saúde humana, polo que se verían obrigados a denegar a súa autorización.

É crucial que tomemos medidas agora para protexer a nosa comunidade e o ambiente. Solicitamos aos responsables políticos que revisen detidamente o proxecto para garantir que calquera desenvolvemento na comarca de Sarria priorice a saúde dos seus habitantes e a conservación do noso entorno.

Pola saúde das nenas e nenos, que é nosa propia saúde, o máis importante da vida, instamos a todos os veciños da comarca, así como a outros cidadáns preocupados polo futuro do noso planeta, a unirse a nós nesta loita. Camiñemos cara un futuro máis saúdable e sostible para Sarria, opoñéndonos á instalación da planta de CSR en Oural.

Por favor, asine esta petición e axude a protexer a nosa terra, nosa xente é as xeracións futuras. #StopIncineracionOural.

Bibliografía:

O científico Fernando Palacios fala sobre a incineración da planta de CSR en Oural (Sarria) https://www.youtube.com/watch?v=Q1ztkWQoUzY

Plataforma Sarria Aire Limpo

https://www.facebook.com/profile.php?id=6157105220552

https://osalto.gal/galicia/municipio-uno-peores-indices-calidad-del-aire-galicia-espera-una-nueva-planta

https://share.google/7sSllAvSDEltBh6RV

Apoio total á Plataforma Sarria Aire Limpo

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio