“Queimas prescritas” “queimas controladas” lumes realizados polos servizos públicos da Xunta de Galicia que causan fortes danos nos ecosistemas en zonas, xa de por si, estragadas polo uso e abuso dos lumes e por incendios forestais acontecidos nas últimas décadas.
Queima do territorio, en teoría, para que non arda no verán…🤔 sen ter en consideración o risco de erosión dos solos, época de apareamento e cría da fauna, condicionantes meteorolóxicos…
Realizar “queimas controladas” non ten xustificación a día de hoxe pois existen multitude de alternativas para a xestión do territorio sen producir danos ao patrimonio natural. REFLEXIONEMOS: danos aos ecosistemas previsibles e evitables. Queimas promovidas pola Xunta de Galicia que moitas veces se descontrolan e producen incendios forestais de grandes dimensións. Queimas promovidas por organismos públicos que producen danos a biodiversidade e a sustentabilidade do país.
Se é grave todo o anterior como e quen pode xustificar que se produzan accidentes como o acontecido no concello de Verea cando un bombeiro forestal “brigadista dos servizos públicos forestais da Xunta de Galicia” resultou ferido por culpa dunha queima oficial promovida pola Xunta de Galicia 🤔🤔🤔 Non se pode nin se debe xogar co lume!!!
Ligazón a noticia referida 👉https://www.galiciapress.es/articulo/ourense/2025-04-01/5238568-herido-conductor-autobomba-quema-controlada-verea-ourense
NON SE DEBE XOGAR CO LUME!!
