Informámosvos de que notificaron a EcoloxistasGal “Atlántica e Verde” o auto donde acollen con costas a cautelar do PE Monte Festeiros.
O 3 de setembro de 2024 , foinos notificado o auto do TSXG do 29 de Xullo de 2024 donde se nos comunica o acollemento da medida cautelar solicitada. Este proxecto foi promovido por A. V. Monte Festeiros S. L. U. e se chegara a implantarse afectaría aos concellos da provincia de Pontevedra de Forcarei e de Silleda.
É unha boa nova e queremos destacar que se fixo con moito esforzo e presuposto “cero €”. Queremos poñer en valor e agradecer tanto o bo traballo da avogada e procuradora do turno de oficio como o traballo voluntario e altruista da nosa xente.
Celebramos a boa nova ainda que non cambia a lista actual de 52 medidas conseguidas en Galicia, porque xa foi acollida previamente a outros colectivos.