O Concello da Coruña está perpetrando un “arboricidio” na Praza da Tolerancia. URXE PARALO!

🆘 ALERTA VECIÑAL NA PRAZA DA TOLERANCIA: O CONCELLO COMEZA A TALAR ÁRBORES ESTE MÉRCORES 25
O Concello da Coruña iniciou as obras de peonalización da Praza da Tolerancia este mércores, 25 de xuño, segundo publicou na súa web oficial. A intervención, incluída nos Orzamentos Participativos e apoiada pola veciñanza, non pode levarse a cabo a costa da destrución do patrimonio verde do barrio.

🚨 Veciñas e colectivos confirmamos que a primeira acción das obras é a tala de árbores maduras que actualmente proporcionan sombra, frescor, vida e refuxio climático nun entorno cada vez máis afectado polas altas temperaturas.

📣 Que está a ocorrer?
Presentamos un escrito formal ao Concello solicitando información sobre a xestión das zonas verdes e esixindo que non se tale ningunha árbore.

A día de hoxe non tivemos resposta e a maquinaria municipal avanza sen dar explicacións á cidadanía.

As imaxes proban que se están a cortar árbores en plena tempada de nidificación, o que podería vulnerar a normativa ambiental.

🌳 O que defendemos:
Desde a nosa asociación, e en nome de moitas persoas que aman esta cidade, defendemos unha peonalización real, humana e sostible, que respecte e coide o espazo verde existente. Non se pode disfrazar de mellora urbana unha actuación que supón unha perda irreversible para o barrio.

🗣 O noso comunicado en redes sociais:
“O proxecto de peonalización, votado e aprobado polos Orzamentos Participativos e apoiado pola veciñanza, NUNCA pode ter como prezo a eliminación das árbores que fan da praza un espazo de vida, de sombra e de refuxio climático. Defendemos unha peonalización que respecte e coide o patrimonio verde da cidade. As árbores son vida, son saúde, son futuro. 🛑 Tala de árbores, non! Peonalización, si!”

✊ Que pedimos?
A paralización inmediata de calquera tala na praza e responsabilidades os responsables das cortas xa realizadas.

A prohibición de eliminar árbores maduras.

📢 Facemos un chamamento á veciñanza:
➡ Este mércores 25 de xuño, animamos a todas as persoas a achegarse á Praza da Tolerancia para observar, documentar e reclamar explicacións in situ.

➡ Comparte esta información nas redes sociais para evitar que o arboricidio se produza en silencio.

NON MÁIS DESTRUCIÓN DO VERDE URBANO. AS ÁRBORES NON ESTORBAN: PROTEXEN.

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio