Nós, o IEM e mais de 800 colectivos apoiamos a Fernando Valladares

IEM Fernando Valladares 1

Val de Miñor, martes 19 de novembro de 2024.

A Xunta de Goberno do Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) reunida no día de hoxe en asemblea ordinaria e segundo consta no extracto da acta que se xunta acorda, por unanimidade dos seus membros, adherirse ao MANIFESTO DE APOIO A FERNANDO VALLADARES E A TODAS ENTIDADES E PERSOAS QUE SOFREN ACOSO POR DIVULGAREN AS AMEAZAS QUE SUPÓN O CAMBIO CLIMATICO E OUTROS PROCESOS DE DEGRADACIÓN AMBIENTAL.
Na mesma liña acórdase organizar para o mes de xaneiro de 2025 un ciclo de actividades no que se revisionarán algunhas conferencias sobre cambio climático coa intención de xerar debate arredor deste asunto. Entre outras, recuperaremos a conferencia “La crisis ambiental y social. Una oportunidad para cambiarlo todo” que o propio Fernando Valladares pronunciou o pasado 18 de abril no local do IEM dentro do ciclo “Crise climática ou crise do sistema”.
Desde o IEM queremos expresar o noso apoio total hacia Fernando Valladares e a valiosa labor que realiza, así como ao resto de persoas, entidades e colectivos que están sendo acosadas en redes sociais e outros espazos por amosar, de xeito incansable e co apoio das numerosas evidencias científicas existentes, o serio perigo que o Cambio Climático supón para a humanidade.
Manifestamos igualmente a nosa reforzada vontade de seguir explicando e concienciando, desde o coñecemento científico, a defensa dos dereitos humanos, a xustiza social e a gobernanza democrática, sobre a urxencia de mitigar o Cambio Climático para non agravar aínda máis as súas devastadoras consecuencias.
Fronte a desinformación, o odio e o acoso crecentes manifestamos a nosa vontade de combater os negacionismos e bulos que alimentan a ignorancia e retrasan a adopción de medidas eficaces.

Ligazón a noticia do manifesto: https://www.publico.es/sociedad/manifiesto-850-firmas-apoya-cientifico-amenazado-hablar-cambio-climatico.html

Xa dispoñible para a súa visualización na nosa canle de Youtube a conferencia “A CRISE AMBIENTAL E SOCIAL, UNHA OPORTUNIDADE PARA CAMBIALO TODO”. Fernando Valladares (CSIC)

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio