O IMPACTO DAS EXPLOTACIONS MINEIRAS

O impacto das explotacións mineiras contamina o aire, os chans, as augas superficiais e os acuíferos subterráneos, produce alteracións no microclima, afecta á flora e fauna local e rexional, e afecta gravemente a saúde das persoas a curto, medio e longo prazo.

Deforéstanse miles de hectáreas, as voaduras con explosivos xeran gran cantidade de po con restos de metais pesados como chumbo, mercurio, cadmio, arsénico, elementos radioactivos como o uranio, torio, entre outras substancias tóxicas, que conforman o material particulado que ingresa ás vías respiratorias ocasionando un aumento da morbi-mortalidade por causas respiratorias e cardiovasculares.

O consumo de enerxía diaria para a moenda e o transporte da rocha equivalen ao dunha gran cidade. A esta moenda aplícaselle unha sopa química altamente tóxica e contaminante de cianuro, mercurio, acedo sulfúrico, deterxentes licuados con xigantescas cantidades de auga que separan o mineral da rocha, auga que se perde xa que non poderá ser reutilizada pola poboación pola súa gran contaminación.

O índice de mortes, lesións e enfermidades entre os traballadores das minas do mundo confirma que, na maioría dos países, a minería segue sendo a ocupación máis perigosa. Aínda que só representa o 1% da forza de traballo mundial, supón ao redor do 8% dos accidentes mortais no traballo.

O número de lesións son considerables, como o é o número de traballadores afectados por enfermidades profesionais discapacitantes como a neumoconiosis, a perda da audición e os efectos das vibracións.

Cando finaliza a actividade mineira perduran os chans desertificados, enfermidades como consecuencia da contaminación dos chans, o aire e a auga, as paisaxes devastadas, desaparición de economías rexionais, comunidades emprobrecidas, poboacións orixinarias marxinadas, así como as balsas mineiras, enormes pasivos ambientais, que supoñen unha ameaza perpetura de catástrofe para a poboación e os ecosistemas cercanos. Como exemplos, en Galicia, San Finx en 1960 ou Monte Neme en 2014; en España, Aznalcóllar en 1998, que liberou 5 millóns de metros cúbicos de residuos, corenta veces máis que o que deixou o Prestige. Neses tres casos, o resultado foi o mesmo: contaminación e impunidade mineira. No Brasil, en Brumadinho, hai cinco anos, unha destas balsas rompeu, liberando unha ola de residuos que pasou por riba de 270 persoas. En 2015, tamén no Brasil, 19 vítimas máis. Tamén aconteceu hai pouco en Canadá, contaminando lagos e ríos, ou en Ajka, Hungría, arrasando sete vilas.

Fontes:

https://www.ilo.org/es/resource/la-mineria-un-trabajo-peligroso

https://www.sap.org.ar/uploads/archivos/general/files_impacto-de-la-mineria-en-la-salud-humana-y-en-el-ambiente-12-20_1607596789.pdf

https://www.elsaltodiario.com/mineria/balsas-mineiras-unha-ameaza-perpetua-catastrofes-prol-do-lucro-empresarial

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio