Os centros galegos non deberían enviar estudantes ás fábricas de Altri

Celbi-Figueira-da-Foz

Dende a Area de Educación do colectivo Ecoloxistas Galiza Atlántica e Verde facemos este comunicado para manifestar o noso desacordo coa formación que están a levar a cabo estudantes galegos de FP na fábrica de Celbi, en Figueira da Foz, Portugal.
Esta pasteira é propiedade de Altri, que pretende instalar a fábrica de celulosa mais grande de Europa en Palas de Rei, no interior de Galicia.

O proxecto de Altri está sendo cuestionado por institucións coma o Consello da Cultura Galega, por numerosos colectivos ecoloxistas e sociáis, así como por gran parte da sociedade galega, como se demostrou nas mais de 25.000 alegacións presentadas por rexistro, así como nas dúas masivas manifestacións convocadas por Ulloa Viva, unha en Palas de Rei e outra en Santiago de Compostela, con mais de 20.000 participantes cada unha delas.

Expertos biólogos e medioambientalistas alertan dos danos que sufriría a comarca da Ulloa, o río Ulla e a ría de Arousa. Os danos gravísimos na ecoloxía e na economía das devantidas comarcas da Ulloa e da ría de Arousa, non son porén razóns de peso suficientes para o CIFP Politécnico de Santiago e o CIFP As Mercedes de Lugo que están colaborando co proxecto de Altri enviando alumnado en prácticas a formarse nas pasteiras que a empresa ten en Portugal, coa dubidosa expectativa de colocar aos seus alumnos no ecocida proxecto de Altri en Galicia.

Que valores se están ensinando no CIFP Politécnico de Santiago e no CIFP As Mercedes de Lugo? Coidar o patrimonio cultural, económico e ecolóxico non están entre eles. Os centros de Formación Profesional non poden ser instrumentos ao servizo da especulación das empresas. Os centros educativos teñen a obriga de formar cidadáns que poidan integrarse no tecido laboral da sociedade galega, pero sin destruir o patrimonio. Cidadáns que coñezan a repercusión das suas accións, e que teñan unha visión de pais constructiva e non destructiva.

Dende o colectivo Ecoloxistas Galiza Atlántica e Verde pregamos á comunidade educativa galega que actúe con responsabilidade e colabore en esta situación de máxima urxencia. Galicia non se pode permitir perder o seu patrimonio e a súa identidade en falsos proxectos de industrialización, que son en realidade expolios ao servizo de intereses alleos.

*Este comunidado da Área de Comunicación de Ecoloxistas Galiza "Atlántica e Verde", donde participan profesores de diferentes niveis e especialidades das 4 provincias faise a raíz de que saise a luz que 2 centros de Galicia teñen convenios con esta empresa: https://www.galiciapress.es/articulo/empresas/2024-09-06/4984417-altri-greenfiber-presumen-cantera-formando-estudiantes-gallegoscon-vistas-factoria-palas-rei

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio