Novo desastre ambiental no litoral de Galicia

Grupos de activistas organízanse (enlaces ao final deste artigo) por todo o territorio para limpar as praias de Galicia tras unha nova catástrofe ambiental que xa afectou a todo o litoral debido aos pellets de plástico da carga perdida que transportaba o barco Toponao.

Nalgunhas praias como na do Rostro de Fisterra ás 11:15 desta mañá, como seguramente en moitas máis:
… Non había ninguén que recollese.
… Non hai medios para a #Xunta
… Ninguén responsable de #Costas
… Sen recurso das administracións públicas

O activismo ambiental da sociedade civil organizada vemos que está sendo fundamental para despoñer con dilixencia de grupos de traballo e poder compartir a información e recomendacións.
Gracias a esa boa resposta comezáronse accións en moitas das praias galegas, ca pretensión de ir arranxando este desastre, o antes posible, e minimizar o dano.

É o momento de participar na limpeza, e debe facerse de forma organizada, coidadosa e prudente. Utilizando os medios necesarios e atendendo ás instrucións que aportan as persoas expertas.

Un dos primeiros en dar a voz de alarma foi NoiaLimpa.org no seu Instagram, onde podes atopar máis información… e tamén nas comunidades de WhatsApp que mencionadas mais abaixo, e mesmo como axudarche a saber que equipamento mínimo debes levar…


Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio