Percorrido pola Vía Rexia, dende Reigosa ata Pastoriza

Via Rexia Cartel

O grupo comarcal de Fonsagrada Meira de EG “Atlántica e Verde” percorreu o traxecto da Via Rexia, dende Reigosa ata Pastoriza. Tendo en conta e sinalando a delimitación que figura na Carta de Domingo Fontán.
A Vía Rexia do Norte é unha alternativa ao Camiño do Norte, documentada no século XIII e pola que sete municipios lucenses levan anos loitando para poñela en valor. Esta variante comeza na localidade veigueña de Abres, por iso é polo que tamén se coñece como Camiño Real de Abres, e desemboca na capital lucense.

En chan galego afecta os concellos da Pontenova, Meira, Riotorto, A Pastoriza, Castro de Rei, Pol e Lugo e está considerada o roteiro de peregrinación máis antiga da provincia de Lugo.

Tense previsto , continuar nas seguintes semanas polos seguintes tramos ata chegar a Meira.

No percorrido realizado hoxe partiuse do Concello de Castro de Rei no seu límite co de Pastoriza, percorrendo inicialmente a parroquia de Reigosa, pasando polo Barrio das Coroas e o de Lagos, e rematouse na vila de Pastoriza,

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario

Scroll ao inicio